Jeremy Tyler

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Jeremy Tyler
Remove ads

Jeremy Miles Tyler, nado o 21 de xuño de 1991 en San Diego, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Liaoning Flying Leopards da Chinese Basketball Association (CBA).

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria profesional

Israel

O 7 de agosto de 2009, asinou un contrato co Maccabi Haifa B.C. da liga israelí.[1] Tyler xogou tan só 10 partidos, nos que fixo 2.1 puntos en 7.6 minutos por partido. O 18 de marzo de 2010, deixou oficialmente o Maccabi.[2]

Xapón

O 29 de xullo de 2010, Tyler asinou un contrato co Tokyo Apache da liga Xapón, xa que non podía presentarse ao Draft da NBA ata o ano 2011. En 33 partidos, acadou 9.9 puntos cunha porcentaxe de tiro dun 51.7%, e 6.4 rebotes en 15.4 minutos de xogo por partido.[3]

NBA

Tyler foi elixido na 39ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Charlotte Bobcats, pero poucos minutos despois foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio de diñeiro. O 27 de febreiro de 2012, foi asignado ós Dakota Wizards.[4] Foi chamado de volta o 6 de marzo de 2012.[5] Durante a maior parte do seu ano coma rookie apenas tivo minutos de xogo, pero o 21 de marzo contra os New Orleans Hornets, xogou o seu primeiro partido coma titular, na posición de pivote. Permaneceu no quinteto titular do equipo ata o remate da tempada.[6]

Durante a tempada 2012-13, foi asignado varias veces ós Santa Cruz Warriors da NBA D-League.[7][8][9]

O 21 de febreiro de 2013, Tyler foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio dunha futura elección de segunda rolda do Draft.[10] O 6 de marzo de 2013, Tyler foi cortado polos Hawks.[11] O 13 de marzo de 2013, uniuse de novo ós Santa Cruz Warriors.[12]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads