Josh McRoberts

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Josh McRoberts
Remove ads

Joshua Scott McRoberts, nado o 28 de febreiro de 1987 en Indianapolis, Indiana, é un ex xogador americano de baloncesto profesional.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria profesional

O 22 de marzo de 2007, McRoberts declarouse elixible para o Draft da NBA de 2007.[1] Foi elixido no Draft, o 28 de xuño de 2007, polos Portland Trail Blazers na 37ª posición.

O 9 de xaneiro de 2008, McRoberts foi asignado aos Idaho Stampede, o afiliado dos Trail Blazers da NBA Development League.[2] Tras estar cos Stampede preto dun mes, McRoberts foi chamado de volta polos Trail Blazers.[3]

O 26 de xuño de 2008, na noite do Draft da NBA de 2008, McRoberts foi traspasado aos Indiana Pacers, xunto a Brandon Rush e Jarrett Jack, a cambio da 11ª elección Jerryd Bayless e Ike Diogu.[4]

O 14 de decembro de 2011, asinou un contrato de dous anos e 6 millóns de dólares cos Los Angeles Lakers.[5]

O 10 de agosto de 2012, McRoberts foi traspasado ós Orlando Magic como parte do traspaso entre catro equipos que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.[6]

O 21 de febreiro de 2013, McRoberts foi traspasado ós Charlotte Bobcats a cambio de Hakim Warrick.[7]

O 14 de xullo de 2014, McRoberts asinou cos Miami Heat un contrato de 4 anos e 23 millóns de dólares.[8]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads