Juan Viaño
matemático e profesor universitario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Juan Manuel Viaño Rey, nado en Boqueixón o 4 de xullo de 1955, é un matemático galego, que ocupou o posto de reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Remove ads
Traxectoria
Licenciado de Matemáticas,é catedrático de Matemática aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Na universidade, foi xefe do departamento de Matemáticas aplicadas entre 1986 e 1992, decano da facultade de Matemáticas entre 2001 e 2009 e vicerreitor no equipo de goberno de Senén Barro, entre 2002 e 2010.
Politicamente defínese como socialdemócrata[1] e foi concelleiro do PSdeG en Boqueixón.

Candidato a reitor nas eleccións de 2014, impúxose ao outro candidato, Antonio López Díaz, para suceder a Juan Casares Long por unha estreita marxe de 1.988 votos a 1.914, cunha diferenza de unicamente 25 votos ponderados[2]. En 2018 volveu postularse para a re-elección como reitor, pero foi derrotado nesta ocasión polo xurista Antonio López Díaz[3].
Predecesor: Juan Casares Long |
![]() Reitor da Universidade de Santiago 2014 - 2018 |
Sucesor: Antonio López Díaz |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads