Juneau

From Wikipedia, the free encyclopedia

Juneaumap
Remove ads

A cidade de Juneau é a capital do estado de Alasca, nos Estados Unidos. No ano 2005, a cidade contaba con 30.987 habitantes, polo que se sitúa como a Terceira cidade do estado en termos de poboación, precedida por Fairbanks e por Anchorage. A cidade atópase localizada na Canle Gastineau, no Arquipélago Alexander.

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Remove ads

Características Xerais

Xeografía

Juneau é unha das dúas capitais de estado estadounidense as que non se pode chegar por estrada, a outra é Honolulú, o único medio para chegar a ela é por avión ou por barco. Atópase a nivel do mar, aínda que ten moitas montañas próximas. Localízase a unha latitude de 58º 18' 06" cara o Norte a unha lonxitude 134º 25' 10" ao Oeste, a carón do territorio do Canadá (á súa beira oeste), canda outras moitas illas.

Clima

Juneau, apesares de estar no sueste do Alasca, ten unha temperatura moi baixa, cunha temperatura anual inferior a 5 °C. No verán a temperatura é duns 20 °C, usualmente anubrado e con precipitacións, principalmente en agosto e setembro. No inverno a temperatura é menor de 0 °C, chovendo máis do que chovía no verán. A temperatura máxima rexistrada na historia de Juneau foi 32 °C, no xullo de 1975, e a mínima foi en xaneiro do 1972, con -30 °C.

Antropoloxía

A poboación nativa é de orixe tlingit, un pobo de ricas tradicións artísticas, con dominio do tecido, a escultura (tótems), a danza e o canto.

Historia

Despois de que o ouro fose descuberto, un grupo de buscadores instalouse na localidade, sendo a cidade propiamente fundada en 1881, bautizada en honra ao mineiro Joseph Juneau. Logo da época dos buscadores de ouro, grandes minas subterráneas foron cavadas a principios do século XX, as cales seguirían sendo explotadas ata comezos da segunda guerra mundial.

Thumb
Arquipélago Alexander, Alasca
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads