KK FMP

club de baloncesto de Belgrado (Serbia) From Wikipedia, the free encyclopedia

KK FMP
Remove ads

O Košarkaški klub FMP (en serbio cirílico: Кошаркашки клуб ФMП), coñecido por motivos de patrocinio como FMP Meridian,[1] é un club profesional de baloncesto con sede na cidade de Belgrado, Serbia. Fundado en 1970 co nome e KK Radnički Basket, en 2015 toma o seu nome actual, o cal non ten que ver co antigo FMP Železnik, club que se fusionaou co Crvena zvezda en 2011. Actualmente o equipo compite na Košarkaška liga Srbije, máxima categoría do baloncesto serbio, na Liga do Adriático e Basketball Champions League. O FMP xoga os seus encontros como local no Dvorana Železnik, un pavillón con capacidade para 3 000 espectadores.

Datos rápidos Información xeral, Nome ...
Este artigo é sobre o FMP en activo. Para o antigo equipo da YUBA/KLS/ABA, véxase KK FMP Železnik.
Remove ads

Historia

Historia do FMP orixinal

O KK FMP orixinal club estableceuse baixo o nome de KK ILR Železnik o 26 de marzo de 1975 por iniciativa conxunta da compañía de maquinaria local Ivo Lola Ribar (ILR) e o consello de administración local de Železnik. Inicialmente, o club foi parte da Sociedade Deportiva Ivo Lola Ribar, que, ademais de baloncesto, contaba con equipos de fútbol, balonmán, voleibol, boxeo, birlos, tiro con arco e xadrez. Nos seus modestos comezos, o club competiu na liga municipal de Belgrado, xogando os seus partidos como local na cancha descuberta de chan de cemento da escola primaria Braća Jerković. aínda que a liga municipal funcionaba durante o período de primavera-verán, o ILR Železnik tamén disputaba á liga de inverno de Belgrado co fin de manter o nivel de condición física até o comezo da seguinte tempada. O novo club foi ben recibido polos residentes do barrio de Železnik, que a miúdo enchían a pequena cancha, e mesmo facían viaxes para moitos partidos fóra de casa. Co tempo, como o interese no baloncesto creceu en toda a comunidade, e o club comezou a desenvolver un sistema para que puidesen participar mozos de tódalas idades.

Na década de 1980, con máis experiencia no seu haber, o primeiro equipo do Železnik comezou a acadar notables resultados, avanzando o club dende as categorías inferiores. A mediados da década de 1980, chegou á liga provincial serbia. Con todo, o ascenso a un nivel máis alto supoñía tamén uns custos máis altos, e non se podían cubrir os gastos de alugueiro dun pavillón de baloncesto no que competir. Así, o ILR Železnik cesaría as súas actividades de baloncesto en 1986. O club estivo basicamente inactivo até 1991, ano no que conseguiu reactivarse como "FMP Železnik", baixo a iniciativa da compañía siderúrxica "Fabrika metalnih proizvoda AD" (FMP), que se converteu na propietaria do club de facto. Case de inmediato, o club continuou onde o deixara en 1986, e tras unha tempada na Segunda Provincial gañouse o ascenso á Primeira Provincial. Na tempada 1994-95, o FMP chegou á Segunda División da liga Federal de Iugoslavia, o segundo nivel máis alto do baloncesto iugoslavo. Ese ano, nunha tempada memorable, conseguiron o primeiro posto da liga tan só perdendo catro encontros, gañando o ascenso ao máis alto da liga iugoslava.

Celebrando o seu vixésimo aniversario, Železnik comezou a tempada 1995−96 competindo contra equipos como o KK Crvena zvezda, KK Vojvodina, Beobanka, Bobanik, KK Lovćen, Mladost ou Gorstak no nivel máis alto do país. Amosando a madurez conseguida ao longo dos anos, o club terminou a tempada regular no terceiro lugar, gañando así a entrada á YUBA Super Liga onde, fronte os equipos máis potentes do país, arranxáronse para evitar o descenso finalizando en novena posición. A tempada 1996−97 foi aínda máis exitosa, acabado no terceiro ligar e a primeira aparición nos playoffs na historia do club. Sorprendentemente para moitos, o Železnik chegaron á postempada cando se toparon co KK Partizan. Nunha serie ao mellor de cinco, os xogadores Železnik lograron dar a sorpresa no segundo encontro, gañando 82-76 fóra da casa, mais non conseguiron finalmente pasar a pesar de ter os dous seguintes partidos en casa. O Partizan gañarou a serie 3 xogos a 1. Con todo, ese ano chegou o seu primeiro título, ao gañar a Copa.

O KK Radnički

O KK Radnički foi fundado en 1970 en Novi Sad, conseguindo ascender á Primeira División serbia en 2007, xogando na competición os seus últimos dous anos como equipo da cidade Novi Sad.Nesta última temporada destaca o labor de Zlatko Bolić, quen consegue anotar unha media de 22,8 puntos por partido. En 2009 o equipo trasládase a Belgrado, mudando o seu nome a KK Radnički Basket[2] para distinguirse do xa existente Radnički Beograd. Tan só dous anos despois volve mudar de nome, esta vez a KK Radnički FMP.

Por outra banda, o FMP orixinal consegue os seus maiores de toda a súa historia, conseguindo tres copas máis, en 2003, 2005 e 2007, e dúas Ligas do Adriático, en 2004 e 2006. Entre 2003 e 2005 o club muda o seu nome a KK Reflex, para pasar a chamarse finalmente KK FMP. En agosto de 2011 o equipo chega a un acordo co KK Crvena zvezda, de forma que o equipo compite co nome, escudo e cores do equipo de Belgrado durante cinco anos. O acordo estipulaba que todos o resultados do club, incluídos os trofeos, sería atribuídos ao Crvena zvezda. Tras o final do trato, o acordo estipulaba que o Crvena zvezda continuaría onde ficase o KK FMP. Finalmente, o pacto remata un ano antes do agardado. Mentres tanto, o KK Radnički muda o seu nome a KK FMP, poñendo a súa sede no mesmo enderezo que o FMP orixinal. Adopta o escudo do orixinal, modificándoo lixeiramente. No ano 2016−17 o equipo debuta na Liga do Adriático, conseguindo finalizar en novena posición. O 18 de novembro de 2021 o club chega a un acordo de patrocinio, polo que adopta o nome de FMP Meridian. Co novo nome, o equipo consegue chegar á final da liga serbia, onde perderon por 2−0 ante o KK Crvena zvezda. En setembro de 2022 o club alberegará a fase previa da Basketball Champions League, onde se enfrontarán ao Río Breogán da Liga ACB.[3]

Remove ads

Pavillón

Artigo principal: Železnik Hall.

O Železnik Hall é o pavillón onde xogaba so seus encontros como local o FMP. A cancha de baloncesto ten tres niveis e unha área de 4.500 metros cadrados. Con varias estruturas asociadas, representan un complexo deportivo e de negocios moderno. Á parte dunha cancha con capacidade para 3.000 espectadores, hai un bloque de hidromasaxe, un centro especializado en diagnóstico médico e un moderno ximnasio de 200 metros cadrados. O estadio conta con iluminación escénica e altofalantes de 6 kW. Tamén unha sala de trofeos, sala de prensa con capacidade para 40 persoas e un hotel cunha superficie de 1.000 metros cadrados para o aloxamento dos xogadores de baloncesto.

Remove ads

Xogadores

Elenco actual

Máis información FMP Meridian 2022−2023, Xogadores ...

Destacados

  • Serbia Dragan Apić
  • Serbia Zlatko Bolić
  • Serbia Filip Čović
  • Serbia Dejan Davidovac
  • Serbia Miloš Dimić
  • Serbia Ognjen Dobrić
  • Serbia Ilija Đoković
  • Serbia Radovan Đoković
  • Serbia Stefan Đorđević
  • Serbia Marko Gudurić
  • Serbia Marko Jeremić
  • Serbia Stevan Karadžić
  • Serbia Ognjen Kuzmić
  • Serbia Sava Lešić
  • Serbia Stefan Pot
  • Serbia Aleksa Radanov
  • Serbia Marko Radovanović
  • Serbia Nikola Rebić
  • Serbia Dušan Ristić
  • Serbia Boriša Simanić
  • Serbia Radoš Šešlija
  • Serbia Aleksa Uskoković
  • Australia Jonah Bolden
  • Australia Isaac Humphries
  • Australia Duop Reath
  • Eslovenia Jurij Macura
  • Eslovenia Matic Rebec
  • Estados Unidos Bryce Jones
  • Montenegro Bojan Subotić
  • Nixeria Michael Ojo
  • Nova Zelandia Finn Delany
  • Turquía Okben Ulubay
Remove ads

Adestradores

  • Serbia Mladen Mikić (2006–2008)
  • Serbia Velislav Vesković (2008–2009)
  • Serbia Dragan Vaščanin (2009)
  • Serbia Boško Đokić (2009–2010)
  • Serbia Miloš Pejić (2010–2013)
  • Serbia Milan Gurović (2013–2015)
  • Serbia Slobodan Klipa (2015–2016)
  • Serbia Branko Maksimović (2016–2017)
  • Serbia Dušan Alimpijević (2017)
  • Serbia Vladimir Jovanović (2017–2020)
  • Serbia Bojan Đerić (2020–2021)
  • Serbia Vanja Guša (2021)
  • Serbia Nenad Stefanović (2021–presente)

Historial

A KLS 1, refírese á primeira fase da liga serbia, mentres que a KLS SL refírese á Super Liga, segunda fase da competición. Os equipos que participan na Liga do Adriático entran directamente nesta segunda fase. Para máis información sobre o formato de competición da liga, prema aquí.

Máis información Ano, Nivel ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads