Kalmar

vila sueca From Wikipedia, the free encyclopedia

Kalmarmap
Remove ads

Kalmar é unha cidade no sueste de Suecia, situada nas costa do mar Báltico. É a capital do municipio de Kalmar e do condado de Kalmar e no ano 2017 tiña 39 403 habitantes.[1]

Datos rápidos Localización, Capital de ...

Dende o século XIII ata o XVII Kalmar foi unha das cidades máis importantes de Suecia. Entre 1602 e 1913 foi a sede episcopal da diocese de Kalmar, e a catedral de Kalmar de 1702 é un bo exemplo da arquitectura do clasicismo. Converteuse nunha cidade fortificada, co castelo de Kalmar como centro. Despois do Tratado de Roskilde en 1658 a importancia de Kalmar diminuíu, ata que chegou a industria no século XIX. A cidade é fogar de parte da Linnéuniversitetet.

Kalmar está ao lado da ruta principal cara a illa de Öland, a través da ponte de Öland.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads