Khan Yunis

cidade da Franxa de Gaza, Estado de Palestina From Wikipedia, the free encyclopedia

Khan Yunismap
Remove ads

Khan Yunis (en árabe: خان يونس ,lit. Caravasar [de] Yunis[1]), tamén escrito Khan Younis ou Khan Yunus, é unha cidade palestina que serve como capital da gobernación de Khan Yunis, no sur da Franxa de Gaza. Foi destruída en gran parte debido ao conflito israelí-palestino de 2023.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

Antes do século XIV, Khan Yunis era unha aldea coñecida como "Salqah". Para protexer a caravanas, peregrinos e viaxeiros, o emir Yūnus an-Nūrūzī construíu alí un vasto caravasar, hoxe coñecido como castelo de Barquq, entre 1387 e 1388.[2]

Demografía

Segundo a Oficina Central de Estatísticas de Palestina, Khan Yunis tiña unha poboación de 205 125 habitantes en 2017.[3]

Clima

Khan Yunis, que se atopa a só catro quilómetros ao leste do mar Mediterráneo, ten un clima semiárido cunha temperatura máxima de 30 °C no verán e unha mínima de 10 °C no inverno, cunha precipitación anual de aproximadamente 260 mm.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads