Star Trek
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Star Trek é unha franquía de entretemento multimedia ambientada no universo de ciencia ficción creado por Gene Roddenberry[1] en 1966 para a serie de televisión homónima. A franquía inclúe series de televisión, películas, obras de banda deseñada[2], novelas, xogos e videoxogos[3], mesmo revistas, atraccións, e exposicións itinerantes[4][5].


Remove ads
Series de televisión
Star Trek (1966-1969)

Star Trek, a serie orixinal, conta a historia dos tripulantes da nave espacial USS Enterprise (NCC-1701)[6] da Federación Unida de Planetas mentres dura a súa misión de exploración do espazo cara a "onde ningún home foi antes".
“ | O espazo, a fronteira final. Estas son as viaxes da nave espacial Enterprise na súa misión quinquenal para explorar novos e estraños mundos, para buscar vida nova e novas civilizacións. Para ir, simplemente, onde ningún home foi antes. | ” |
— Star Trek (1966-1969), monólogo dos créditos do inicio[7]. Versión en galego emitida pola TVG. |
Na serie orixinal William Shatner (cápitan James T. Kirk), Leonard Nimoy (Spock) e DeForest Kelley (Dr. Leonard "Bones" McCoy) interpretan os papeis principais, completan o elenco habitual James Doohan (enxeñeiro xefe Montgomery "Scotty" Scott), Nichelle Nichols (Uhura, oficial de comunicacións) e Walter Koenig (Chekov) e George Takei (Sulu) como pilotos da nave. A serie estreouse na NBC o 8 de setembro de 1966. Permaneceu en antena tres temporadas. Rematou o 3 de xuño de 1969 trala emisión dun total de 79 episodios[8] de 50-60 minutos de duración.
Galería de imaxes
- Intérpretes da serie orixinal canda Gene Roddenberry, creador da serie.
- William Shatner, o capitán Kirk, no episodio "Where No Man Has Gone Before", 1966.
- Spock, Kirk e a Enterprise, 1968.
- Uhura (Nichelle Nichols), oficial de comunicacións na serie orixinal.
Star Trek: The Animated Series (1973-1974)


Star Trek: The Animated Series é unha serie de animación continuación das aventuras da serie Star Trek orixinal. Durou dúas temporadas, entre setembro de 1973 e outubro de 1974, nese período emitíronse 22 capítulos. Contou coa participación dos actores William Shatner, Leonard Nimoy, DeForest Kelley, James Doohan, Nichelle Nichols, George Takei, Majel Barrett da serie orixinal que puxeron as voces ás personaxes animadas[9].
Star Trek: The Next Generation (1987-1994)

Star trek: The Next Generation é a terceira das series do universo Star Trek. Pasado un século da primeira viaxe continúa a misión de exploración do espazo cunha anovada tripulación, nunha nova nave, a USS Enterprise (NCC-1701-D), ao mando de Jean-Luc Picard (Patrick Stewart) o novo capitán[10]. Esa continuidade reflíctese no monólogo dos créditos de apertura en dúas pequenas modificacións[11].
A tripulación da nova xeración conta cun oficial klingon chamado Worf (Michael Dorn), un androide de nome Data (Brent Spiner), unha conselleira, Deanna Troi (Marina Sirtis), metade humana metade betazoide, xunto ao primeiro oficial William Riker (Jonathan Frakes), a doutora Beverly Crusher (Gates McFadden) mailo seu fillo Wesley Crusher (Wil Wheaton), e o xefe de enxeñeiros cego, grazas a un visor ten un sentido da vista artificial, Geordi La Forge (LeVar Burton). Durante sete temporadas, de 1987 a 1994, emitíronse 178 episodios (26 por temporada, agás a segunda 22)[12] de Star trek: The Next Generation.
Galería de imaxes
- Patrick Stewart, o capitán Jean-Luc Picard en Star Tek: The Next Generation
- Réplica da ponte da nave para unha exposición
- Réplica do lateral da ponte
- Réplica da enfermaría da USS Enterprise (NCC-1701-D)
- Réplica da sala de reunións dos oficiais
Star Trek: Deep Space Nine (1993–1999 )

Star Trek: Deep Space Nine, a cuarta entrega das series Star Trek traslada a acción da nave espacial Entreprise á estación espacial Deep Space Nine[13] na Vía Láctea. O capitán Benjamin Sisko (Avery Brooks) é o comandante en xefe da Deep Space Nine (DS9). A vida da serie prolongouse sete temporadas, 176 capítulos en total dunha hora cada un[14] .
Galería de imaxes
- Avery Brooks, capitán Benjamin Sisko
- René Auberjonois, xefe de seguridade Odo
- Armin Shimerman, Quark (raza ferengi) propietario do bar
- Nana Visitor, primeira oficial Kira Nerys (raza bajorana)
Star Trek: Voyager (1995–2001)

Star Trek: Voyager[15] é a quinta serie da saga Star Trek. Nesta tirada a nave deixa de ser do tipo USS Entreprise, pasa a ser a USS Voyager (NCC-74656), e quen goberna a nave é a capitá da frota estelar Kathryn Janeway (Kate Mulgrew). Star Trek: Voyager narra a viaxe da Voyager de volta á Terra nun periplo de 75 anos. Un traxecto desde o extremo da galaxia, a 70.000 anos luz onde foi enviada tralo secuestro por un ente extraterrestre, ata este planeta. A emisión, na United Paramount Network (UPN), estendeuse durante sete temporadas, de 1995 a 2001, sumando un total de 172 episodios[16].
Galería de imaxes
- Kate Mulgrew, Kathryn Janeway capitana da Voyager
- Robert Beltran, primeiro oficial Chakotay
- Tim Russ, oficial de seguridade Tuvok (vulcaniano)
Star Trek: Enterprise (2001–2005)

Star Trek: Enterprise, só Enterprise ata a terceira temporada, está situada nun tempo anterior á serie Star Trek orixinal. A tripulación da nave Enterprise (NX-01), sen o prefixo USS, está formada polo capitán Jonathan Archer (Scott Bakula) —seu pai deseñou a nave-, a oficial científica T'Pol (Jolene Blalock) —vulcaniana—, o enxeñeiro xefe Trip Tucker (Connor Trinneer), o oficial de seguridade Malcolm Reed (Dominic Keating), a oficial de comunicacións e experta en lingüística Hoshi Sato (Linda Park), o piloto Travis Mayweather (Anthony Montgomery) e o Dr. Phlox (John Billingsley) —denobulano—. Emitida orixinalmente na United Paramount Network (UPN) acadou catro temporadas cun total de 98 episodios (26, 26, 24, 22 capítulos por temporada respectivamente)[17].
Galería de imaxes
- Scott Bakula, Jonathan Archer capitán da nave Enterprise
- Connor Trinneer, enxeñeiro xefe Charles "Trip" Tucker III
- Jolene Blalock, T'Pol, oficial científica, vulcaniana
- John Billingsley, Dr. Phlox, médico da nave, raza denobulana
Star Trek: Discovery

Star Trek: Discovery é a sétima das series do universo Star Trek. Estreouse en setembro do 2017, e pódese ver en todo o mundo na plataforma de pago Netflix[18]. A historia que narra remontase, de maneira aproximada, á década anterior[19] á misión quinquenal da serie Star Trek orixinal.
Remove ads
Filmes

Star Trek: The Motion Picture (1979) comezou o percorrido cinematográfico das personaxes de Star Trek. Foi a primeira das trece longametraxes estreadas desde 1979 ata 2016. A tripulación da serie orixinal protagonizou os seis primeiros filmes con algunha aparición espóradica noutros proxectos (William Shatner, capitán Kirk, en Star Trek Generations ou Leonard Nimoy, Spock, en Star Trek de J. J. Abrams entre outras). A tripulación da serie Star Trek: The Next Generation substituíu a orixinal nos seguintes filmes, do sétimo ao décimo. A partir de 2009, as seguintes entregas: Star Trek (2009), Star Trek Into Darkness (2013), Star Trek Beyond (2016) corresponden a un novo comezo da saga cunha nova tripulación independente das series.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads