Lagos, Nixeria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Lagos (en ioruba: Èkó) é a cidade máis poboada de Nixeria e de África, cunha poboación estimada de 21 millóns de persoas[1] en 2015. A poboación estimada da cidade de Lagos foi de máis de 24 millóns en 2022; e ao redor de 30 millóns para a área metropolitana de Lagos, incluída a área suburbana que se interna no veciño estado de Ogun, facendo de Lagos a área urbana máis poboada de África.[2] Lagos foi a capital nacional de Nixeria ata decembro de 1991, despois da decisión do goberno de Nixeria de trasladar a súa capital a Abuja, no centro do país. Lagos é un importante centro financeiro africano e é o centro económico do estado de Lagos e de Nixeria en xeral. A cidade foi descrita como a capital cultural, financeira e do entretemento de África, e ten unha influencia significativa no comercio, tecnoloxía, educación, política, turismo, arte e moda. Lagos tamén está entre as dez cidades e áreas urbanas de máis rápido crecemento do mundo.[10][11] A megacidade ten o cuarto PIB máis alto de África[12][13] e conta cun dos portos marítimos máis grandes e concorridos do continente.[14][15][16] A área metropolitana de Lagos é un importante centro educativo e cultural da África subsahariana.[17] Debido á gran poboación urbana e aos volumes de tráfico portuario, Lagos está clasificada como unha megacidade portuaria.[18]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lagos.
Remove ads
Historia
A rexión onde agora se localiza Lagos, metrópole de Nixeria, foi habitada orixinalmente polos awori, un subgrupo do pobo ioruba que habitou na zona no século XV, e polos binis no século XVI.[19][8][20][21][22] Os awori mudáronse a unha illa que agora se chama Iddo e despois á illa máis grande de Lagos.[23] Debido a que a zona estaba dominada polo entón expansivo Reino de Benín, a cidade chamouse Eko dende finais do século XVI ata mediados do século XIX.[24] O nome de Eko foille dado por Oba Ado, un príncipe do reino de Benin. Eko segue sendo o nome nativo de Lagos ata a data.[25]
Lagos foi o nome que recibiu a cidade polos foi un nome dado ao asentamento polos portugueses. Ao longo da historia, foi o fogar de varios grupos étnicos ioruba en guerra que se asentaron na zona. Despois do seu asentamento temperán pola nobreza Awori, o estado chamou por primeira vez a atención dos portugueses no século XV.[26] O explorador portugués Rui de Sequeira visitou a zona en 1472, nomeando a zona arredor da cidade "Lago de Curamo".[27] Tamén é probable que a cidade recibise o nome da cidade costeira homónima de Lagos, Portugal, na rexión do Algarve, dende onde partirían os mariñeiros e os colonos.[28][29][30][31]

A principios do século XIX, os británicos loitaron contra o comercio atlántico de escravos, e o seu Escuadrón de África Occidental, ou Escuadrón Preventivo como tamén era coñecido, continuou perseguindo barcos escravistas portugueses, estadounidenses, franceses e cubanos e impoñendo tratados contra a escravitude cos xefes costeiros de África Occidental con tanta tenacidade que crearon un forte presenza ao longo da costa de África occidental dende Serra Leoa até o delta do Níxer (actual Nixeria) e até o sur ata o Congo.[32] En 1849, Gran Bretaña nomeou a John Beecroft Cónsul das Baías de Benín e Biafra, cargo que ocupou (xunto coa súa gobernación de Fernando Po) ata a súa morte en 1854.[33] John Duncan foi nomeado vicecónsul e estaba situado en Whydah. Na época do nomeamento de Beecroft, o Reino de Lagos (baixo o goberno de Oba Kosoko) estaba na parte occidental do Consulado das Baías de Benín e Biafra, e era un porto clave para o comercio de escravos.[34] En 1851 e coa presión dos escravos liberados que agora exercen influencia política e empresarial, Gran Bretaña interveu en Lagos no que hoxe se coñece como o bombardeo de Lagos ou captura de Lagos.[34][35] resultando na instalación de Oba Akitoye e a expulsión de Oba Kosoko. Oba Akitoye asinou entón o Tratado entre Gran Bretaña e Lagos que aboliu a escravitude. A sinatura do tratado de 1852 iniciou o período consular na historia de Lagos no que Gran Bretaña proporcionou protección militar a Lagos.[36]
Tras as ameazas de Kosoko e os franceses que estaban situados en Whydah, Lord Palmerston (primeiro ministro británico) tomou unha decisión que sinalou en 1861, "a conveniencia de non perder tempo asumindo o protectorado formal de Lagos".[37] William McCoskry, o cónsul interino en Lagos co comandante Bedingfield convocou unha reunión con Oba Dosunmu o 30 de xullo de 1861 a bordo do HMS Prometheus onde se explicou a intención de Gran Bretaña e se requiriu unha resposta aos termos en agosto de 1861. Dosunmu resistiu os termos do tratado pero baixo a ameaza de lanzar un bombardeo en Lagos polo comandante Bedingfield, Dosunmu cedeu e asinou o Tratado de Cesión de Lagos o 6 de agosto de 1861.[35][38][39]



Lagos foi declarada unha colonia o 5 de marzo de 1862. O resto da actual Nixeria foi incautada en 1887, e cando se estableceu a Colonia e Protectorado de Nixeria en 1914, Lagos converteuse na súa capital, continuando como tal despois da independencia do país de Gran Bretaña en 1960. Xunto con emigrantes de toda Nixeria e outras nacións de África Occidental estaban os exescravos retornados coñecidos como crioulos, que viñan de Freetown, Serra Leoa, o Brasil e as Indias Occidentais a Lagos. Os crioulos contribuíron á modernización de Lagos, e o seu coñecemento da arquitectura portuguesa aínda se pode ver na illa de Lagos. Desde o século XIX, Lagos transformouse gradualmente nun crisol de africanos e europeos.[40][41][19][42] As conexións ferroviarias e os cables telefónicos que conectan Lagos con Londres foran estabelecidos en 1886.[43][44][45] A iluminación pública eléctrica foi introducida na cidade en 1898.[46][47]

Lagos experimentou un rápido crecemento durante as décadas de 1960 e 1970 como resultado do boom económico de Nixeria.[48] Antes da creación do Estado de Lagos o 27 de maio de 1967, Lagos, daquela a capital do país, era administrada directamente polo Goberno Federal como Territorio Federal a través do Ministerio Federal de Asuntos de Lagos, mentres que o concello de Lagos (LCC) gobernaba a cidade.[49] Lagos, xunto coas cidades da daquela rexión occidental (Ikeja, Agege, Mushin, Ikorodu, Epe e Badagry), foron finalmente agrupadas para crear o Estado de Lagos.[49] A cidade de Lagos dividiuse nas actuais sete áreas de goberno local (LGA polas súas siglas en inglés), mentres que as outras cidades constitúen agora 13 áreas de goberno no estado. Lagos desempeñou o dobre papel de ser a capital estatal e federal ata 1976 cando a capital do estado foi trasladada a Ikeja. Lagos viuse negativamente afectada durante o goberno militar de Nixeria.[50] Ademais, o 12 de decembro de 1991, a sede do Goberno Federal tamén se trasladou formalmente a Abuja. Porén, Lagos segue sendo o centro financeiro do país e tamén creceu ata converterse na conurbación máis poboada do país.[49]
Remove ads
Administración

A área metropolitana de Lagos alberga 16 das 20 Áreas de Goberno Local do Estado de Lagos, ao mesmo tempo que contén o 88% da poboación dese estado. Segundo o censo do ano 2006 Lagos Metropolitana ten unha poboación de 7 937 932 habitantes, cifra amplamente superada na actualidade cos 12 millóns de habitantes da capital.
Este grande aumento no censo converte a Lagos nunha das cidades do mundo con maior crecemento demográfico, aumentando a súa área metropolitana en 275.000 persoas por ano.
Remove ads
Demografía
Lagos é a segunda cidade máis poboada de África, só superada por O Cairo, en Exipto, ocupa tamén o posto 29º do mundo.
LGAs | Área (en km²) | Poboación (Censo 2006) | Densidade (hab./km²) |
Agege | 11,2 | 459.939 | 41.071 |
Ajeromi-Ifelodun | 12,3 | 684.105 | 55.474 |
Alimosho | 185,2 | 1 277 714 | 6.899 |
Amuwo-Odofin | 134,6 | 318.166 | 2.364 |
Apapa (Local do principal porto de Lagos) | 26,7 | 217.362 | 8.153 |
Eti-Osa [51] | 192,3 | 287.785 | 1.496 |
Ifako-Ijaiye | 26,6 | 427.878 | 16.078 |
Ikeja | 46,2 | 313.196 | 6.785 |
Kosofe | 81,4 | 665.393 | 8.174 |
Illa de Lagos (centro histórico e comercial) | 8,7 | 209.437 | 24.182 |
Lagos Continental | 19,5 | 317.720 | 16.322 |
Mushin | 17,5 | 633.009 | 36.213 |
Ojo | 158,2 | 598.071 | 3.781 |
Oshodi-Isolo | 44,8 | 621.509 | 13.886 |
Somolu | 11,6 | 402.673 | 34.862 |
Surulere | 23,0 | 503.975 | 21.912 |
Lagos Metropolitana | 999,6 | 7 937 932 | 7.941 |
Deporte
Ao igual que no resto do país na cidade o deporte máis popular é o fútbol, tendo na cidade a súa sede a Asociación de Fútbol de Nixeria (NFA). A Selección de fútbol de Nixeria xogaba os seus partidos como local no Estadio Surelere de Lagos, ata o ano 2003, cando se inaugurou o Estadio Abuya[52] na capital do país, e onde xoga agora a selección nacional[53].
En canto a clubs é a sede do Bridge Boys FC e do First Bank FC, que xogan na segunda división do país.
Remove ads
Obas (Reis) da historia de Lagos

- Ashipa (1600-1630)
- Rei Ado (1630–1669)
- Rei Gabaro (1669–1704)
- Rei Akinsemoyin (1704–1749)
- Eletu Kekere (1749)
- Rei Ologun Kutere (1749–1775)
- Adele Ajosun (1775-1780 e 1832-1834)
- Eshilokun (1780–1819)
- Oba Idewu Ojulari (1819–1832)
- Rei Oluwole (1836–1841)
- Rei Akintoye (1841-1845 e 1851-1853)
- Oba Kosoko (1845–1851)
- Rei Dosunmu the great(1853–1885)
- Oba Oyekan (1885–1900)
- Oba Esugbayi Eleko (1901-1925 e 1932)
- Oba Ibikunle Akitoye (1925–1928)
- Oba Sanusi Olusi (1928–1931)
- Oba Falolu (1932–1949)
- Oba Adeniji Adele (1949–1964)
- Oba Adeyinka Oyekan II (1965–2003)
- Oba Rilwan Akiolu (2003-ata a actualidade)
Remove ads
Cidades irmandadas
|
Remove ads
Galería de imaxes
- Bandeira da Colonia de Lagos.
- O Aeroporto Internacional Murtala Mohammed.
- Third Mainland Bridge, unha das pontes máis grandes do mundo.
- A illa Lagos, na actualidade.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads