Salzburgo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Salzburgo[1] ou Salsburgo[2] (en alemán: Salzburg) é unha cidade austríaca, capital do estado federado (Bundesland) de Salzburgo e da rexión homónima. No ano 2019 tiña 154.211 habitantes.[3]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Estado de Salzburgo.
Remove ads
Remove ads
Topónimo
O nome alemán significa castelo [da] sal, e provén das barcas que transportaban sal no século VIII e que debían pagar un imposto, uso moi común en moitos ríos de Europa.
Xeografía
Salzburgo está a 150 km ao leste de Múnic (Alemaña), e a 300 km ao oeste de Viena. A cidade sitúase ás beiras do río Salzach, a 25 km dos contrafortes setentrionais dos Alpes. O carácter montañoso do sur da rexión de Salzburgo contrasta coas suaves ondulacións da parte norte. O cumio alpina máis próximo é o Untersberg (1.853 m), a poucos quilómetros ao suroeste. O centro da cidade está rodeado por dúas elevacións pétreas, o Mönchsberg e o Kapuzinerberg, cuxos bosques constitúen o pulmón verde da cidade.
Remove ads
Historia
No outeiro de Rainberg existen indicios dunha ocupación continuada desde o Neolítico até a conquista romana en tempos do emperador Augusto. No outeiro do castelo de Salzburgo e no Kapuzinerberg descubríronse restos de fortificacións do que na Idade de Ferro foi seguramente o centro máis importante do pobo celta dos ambisontes.
Os romanos agruparon as pequenas comunidades agrícolas nunha única urbe, Juvavum, no ano 15 a. C. Probablemente o nome sexa adaptado dun anterior nome celta, e non dunha divindade romana. Tralo colapso da fronteira con Noricum, a vila decaeu, e no século VII xa se convertera nunha ruína.
Cara ao ano 700 San Ruperto fundou unha poboación nese lugar, convertida no ano 739 en sede dun obispado e no 798, con Arno, en arcebispado.
Foi gobernado por un Príncipe-Arcebispo até principios do século XIX. O último Príncipe-Arcebispo foi Hieronymus von Colloredo.
Patrimonio
O casco antigo da cidade, Die Altstadt, é un dos mellor conservados das rexións xermanófonas, e en 1996 a Unesco considerouno Patrimonio da Humanidade. Está dominado polas torres das súas igrexas, as fortalezas medievais, e pola Fortaleza Hohensalzburg, edificada en 1077 por orde do arcebispo Gebhard von Helffenstein. Tamén se sitúa nel a catedral de Salzburgo, o mosteiro de San Pedro, a casa natal de Mozart, e os castelos de Mirabell e Hellbrunn.
Entre os seus museos destacan:
- Rupertinum (Museo de Arte Moderna)
- Haus der Natur Salzburg (Casa da Natureza)
- Stille Nacht Museum (Museo da Noite de Paz)
- Salzburger Freilichtmuseum (Museo ao aire libre)
- Dommuseum Salzburg (Museo Catedral)
- Museum der Moderne (Museo da Modernidade)
Na cidade celébrase desde 1920 o Festival de Salzburgo. Nel adóitase interpretar a música de Mozart e o drama Jedermann de Hugo von Hofmannsthal.
Remove ads
Lingua
O alemán de Austria é a lingua utilizada, se ben o dialecto local, que pertence ao austrobávaro, está amplamente presente na vida social e familiar.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads