Lars Onsager

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lars Onsager
Remove ads

Lars Onsager, nado en Oslo en 1903 e finado en 1976, foi un químico e profesor universitario estadounidense de orixe norueguesa. Foi galardoado co Premio Nobel de Química o 1968.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu na cidade de Oslo, capital actual de Noruega pero que naqueles momentos estaba unida ao Reino de Suecia baixo o dominio persoal de Óscar II de Suecia, pero coa súa propia Constitución e goberno.

Estudou enxeñería química no Instituto Tecnolóxico de Noruega situado na cidade de Trondheim, onde se graduou en 1925.

En 1928 viaxou a Estados Unidos para aceptar a oferta da Universidade Johns Hopkins de Baltimore para converterse en profesor de química, cargo que abandonou ao final do primeiro semestre ao observar que non tiña talento para a docencia. Posteriormente ingresou na Universidade de Brown en Providence e na Universidade Yale, onde foi profesor desde 1933 a 1972, e onde obtivo o doutoramento o 1935.

Onsager conseguiu a nacionalidade estadounidense en 1945. Morreu o 5 de outubro de 1976 na súa residencia de Coral Gables, cidade situada no estado norteamericado de Florida.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
George Porter
Manfred Eigen
e
Ronald George Wreyford Norrish
Premio Nobel de Química

1968
Sucesor:
Derek Harold Richard Barton
e
Odd Hassel
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads