Manfred Eigen
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Manfred Eigen, nado en Bochum (Renania do Norte-Westfalia) o 9 de maio de 1927 e finado o 6 de febreiro de 2019, foi un físico e químico alemán galardoado co Premio Nobel de Química en 1967.
Remove ads
Traxectoria
En 1945 iniciou os seus estudos de física e química na Universidade de Gotinga, onde se doutorou en 1951. Actualmente é membro da Academia de Ciencias Francesa.
Investigación científica
O 1953 ingresou no Instituto Max Planck e iniciou os seus traballos de cinética química, desenvolvendo o seu método do salto de temperatura para alterar os equilibrios químicos, e que consiste nun rápido arrequecemento da mostra mediante a descarga dun condensador.
En 1967 foi galardoado, xunto cos ingleses Ronald George Wreyford Norrish e George Porter, co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre as reaccións químicas rápidas, causadas por destrución do equilibrio químico provocado por un rápido impulso enerxético.
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1967 (en inglés).
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1967 (en inglés)
Predecesor: Robert S. Mulliken |
Premio Nobel de Química![]() 1967 con Ronald George Wreyford Norrish e George Porter |
Sucesor: Lars Onsager |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads