Leopardus
xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Leopardus é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, que inclúe, segundo a maioría dos autores, nove especies de pequenos gatos americanos, con numerosas subespecies.[2][3]



As especies do antigo xénero Oncifelis Severtzov, 1858, inclúense hoxe en Leopardus.[2]
Remove ads
Características
As especies deste xénero presentan manchas o raias escuras sobre un fondo amarelado. Teñen un tamaño ao redor de dúas veces o dn gato doméstico. O perfil do seu corpo e as súas faccións son lixeiramente máis alongados que os doutros felinos.
Hábitat e distribución
Todos os membros deste xénero habitan en zonas boscosas ou semiboscosas de América do Sur e Central, aínda que no caso do ocelote, a súa Área de distribución prolóngase cara ao norte seguindo as zonas costeiras de México até alcanzar o sur dos Estados Unidos.
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1842 polo naturalista inglés John Edward Gray, nun traballo publicado en Ann. Mag. Nat. Hist. [ser. 1], 10: 260.[2]
Etimoloxía
O nome do xénero, Leopardus, foi escollido por Gray polo seu parecido superficial co leopardo no referente á cor e o apencado da pelaxe.
Porén, convén recordar que o leopardo pertence a un xénero (Panthera) e a unha subfamilia (panterinos) diferente á que engloba a estes animais (a dos felinos).
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero Leopardus coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Colocolo Pocock, 1941
- Dendrailurus Severtzov, 1858
- Lynchailurus Severtzov, 1858
- Margay Gray, 1867
- Montifelis Schwangart, 1941
- Mungofelis Antonius, 1933
- Noctifelis Severtzov, 1858
- Oncifelis Severtzov, 1858 (epónimo)
- Oncilla Allen, 1919
- Oncoides Severtzov, 1858
- Oreailurus Cabrera, 1940
- Pajeros Gray, 1867
- Pardalina Gray, 1867
- Pardalis Gray, 1867
- Pseudolynx Schwangart, 1941
Clasificación
O xénero Leopardus inclúe de oito a once especies, segundo os autores,[4] algunhas con numerosas subespecies.
Segundo Mammal Species of the World e o ITIS, son nove as especies, coas subespecies que se indican a continuación:[2][3]
- Leopardus braccatus (Cope, 1889)
- Leopardus braccatus braccatus
- Leopardus braccatus munoai
- Leopardus colocolo (Molina, 1782)
- Leopardus colocolo colocolo
- Leopardus colocolo wolffsohni
- Leopardus geoffroyi (d'Orbigny & Gervais, 1844)
- Leopardus geoffroyi geoffroyi
- Leopardus geoffroyi euxanthus
- Leopardus geoffroyi leucobaptus
- Leopardus geoffroyi paraguae
- Leopardus geoffroyi salinarum
- Leopardus guigna (Molina, 1782)
- Leopardus guigna guigna
- Leopardus guigna tigrillo
- Leopardus jacobitus (Cornalia, 1865)
- Leopardus pajeros (Desmarest, 1816)
- Leopardus pajeros pajeros
- Leopardus pajeros budini
- Leopardus pajeros garleppi
- Leopardus pajeros steinbachi
- Leopardus pajeros thomasi
- Leopardus pardalis (Linnaeus, 1758)
- Leopardus pardalis pardalis
- Leopardus pardalis aequatorialis
- Leopardus pardalis albescens
- Leopardus pardalis melanurus
- Leopardus pardalis mitis
- Leopardus pardalis nelsoni
- Leopardus pardalis pseudopardalis
- Leopardus pardalis pusaeus
- Leopardus pardalis sonoriensis
- Leopardus pardalis steinbachi
- Leopardus tigrinus Schreber, 1775
- Leopardus tigrinus tigrinus
- Leopardus tigrinus guttulus
- Leopardus tigrinus oncilla
- Leopardus tigrinus pardinoides
- Leopardus wiedii (Schreber, 1775)
- Leopardus wiedii wiedii
- Leopardus wiedii amazonicus
- Leopardus wiedii boliviae
- Leopardus wiedii cooperi
- Leopardus wiedii glauculus
- Leopardus wiedii nicaraguae
- Leopardus wiedii oaxacensis
- Leopardus wiedii pirrensis
- Leopardus wiedii salvinius
- Leopardus wiedii vigens
- Leopardus wiedii yucatanicus
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

