Liga ACT

From Wikipedia, the free encyclopedia

Liga ACT
Remove ads

A Liga ACT, coñecida por motivos de patrocinio como Eusko Label Liga, é a liga de remo creada pola Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT) como primeira división do remo no Cantábrico. A Liga ACT naceu o 2 de xullo de 2003 tralo acordo acadado polos Gobernos das Comunidades Autónomas de Galiza, Asturies, Cantabria e Euskadi, para apoiar e impulsar a disciplina deportiva que forma parte da tradición dos pobos do norte de España. No 2006, tras un acordo de patrocinio coa empresa Mahou-San Miguel, a Liga ACT trocou o seu nome polo de Liga San Miguel.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Thumb
Equipo de Urdaibai en 2007 co trofeo da Liga San Miguel.

É pois a primeira división das traiñeiras. Baixo ela atópanse a Liga ARC, na que compiten clubs cántabros, vascos e agora tamén asturianos; e a Liga Galega ou Liga Noroeste. Os dous últimos clasificados das 12 que disputan a Liga San Miguel disputan o play-off de ascenso/descenso contra os dous primeiros clasificados dun play-off previo entre os dous mellores da Liga ARC e da Liga Galega. As dúas traiñeiras que mellor queden manterán ou subirán de categoría.

Para evitar a fuga masiva de remeiros a clubs con alto poder económico, e con obxecto de potenciar a canteira, estabelécese un cota de mínimo sete remeiros propios, entendéndose como propios aqueles que estiveron polo menos tres anos nun mesmo club.

Remove ads

Gañadores

Remove ads

Historia

Iníciase no mes de Santiago de 2003. Nace cos seguintes obxectivos:

  • Facer da Liga unha competición de alto nivel de afeccionados, xestionada profesionalmente, na que participen os doce mellores equipos pertencentes á área xeográfica.
  • Conseguir incrementar notoriamente o número de seguidores, potenciando a atención e cobertura que os medios de comunicación prestaban anteriormente.
  • Deseñar a competición en formato de Liga Regular, para que resultase máis atractiva e comprensible para todos.
  • Garantir a súa estabilidade no tempo, mediante unha fase de ascenso e descenso con clubs provenientes de Ligas Federativas.

O 28 de setembro de 2003 finalizou a primeira Liga ACT. Foi un éxito de competición, avalado polos medios de comunicación e polos afeccionados. Nesta temporada , Astillero realizou unha actuación histórica, gañando a I Liga ACT e obtendo un total de 10 bandeiras.

Durante a III edición instaurouse a Coroa ACT como trofeo ao campión. Esta temporada estivo chea de polémica por temas extradeportivos arredor da SDR Astillero, que se saldou coa exclusión do vencedor, Astillero, para as seguintes edicións.

A partir da IV edición, a competición pasou a denominarse Liga San Miguel. Despois da VI edición a Coroa Act pasa a chamarse Coroa Caja Madrid. Ademais ese mesmo ano instálase o maillot verde para o mellor patrón.

Traiñeiras participantes na primeira edición (2003)

Equipos participantes dende 2003

Equipo Club Nome de traiñeira Concello Provincia Temporadas Títulos Subcampionatos 3º postos Bandeiras
Urdaibai Umpro AviaUrdaibai Arraun Elkartea "Bou Bizkaia"BermeoBiscaia7 (2003-09)3 (2004,07,08)0026
Naturhouse CastroSociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales "La Marinera"Castro UrdialesCantabria7 (2003-09)1 (2009)2 (2006,08)1 (2005)30
HondarribiaHondarribia Arraun Elkartea "Ama Guadalupekoa"HondarribiaGuipúscoa7 (2003-09)1 (2006)1 (2005)3 (2004,07, 09)16
Grupo Eibar OrioOrio Arraunketa Elkartea "Txiki" (2003-06)/ "San Nikolas" (2007)/ "Mirotza" (2008-09)OrioGuipúscoa7 (2003-09)01 (2007)2 (2006,08)18
PedreñaSociedad Deportiva de Remo Pedreña "Marina de Cudeyo"Marina de CudeyoCantabria7 (2003-09)0002
Cabo da CruzClub de Remo Cabo da Cruz "Cabo da Cruz"BoiroA Coruña6 (2003-08)[1]0001
Mecos MondarizClub de Remo Mecos "Mequiña"O GrovePontevedra5 (2003-07)01 (2003)02
Zarautz Inmobiliaria OrioZarauzko Arraun Elkartea "Enbata"ZarautzGuipúscoa5 (2003/06-09)0001
ArkoteArkote Arraun Taldea "Plentzitarra"PlentziaBiscaia5 (2005-09)0000
Pasai Donibane IberdrolaPasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea "Erreka"PasaiaGuipúscoa4 (2003-06)001 (2003)1
Zumaia Altuna y UríaAita Mari Arraun Elkartea "Telmo Deun"ZumaiaGuipúscoa4 (2006-09)0000
Tirán PereiraSociedade Deportiva Tirán "Pereira"MoañaPontevedra4 (2003-04/08-09)0000
AstilleroSociedad Deportiva de Remo Astillero “San José XII" (2003)/
"San José XIII" (2004-05)
El AstilleroCantabria3 (2003-05)[2]2 (2003,05)1 (2004)029
San Pedro EcolmareSanpedrotarra Arraun Elkartea "Libia"PasaiaGuipúscoa3 (2007-09)01 (2009)03
Grafilur Isuntza SuperBMIsuntza Arraun Elkartea "Isuntza"LequeitioBiscaia3 (2003-05)0000
LaredoLaredo Remo Club "La Pejinuca"LaredoCantabria3 (2006-08)0000
Trintxerpe CarglassIllunbe Kirol Elkartea "Ilunbe"PasaiaGuipúscoa2 (2004-05)0000
Kaiku AmbilampSociedad Deportiva de Remo Kaiku “Bizkaitarra"SestaoBiscaia1 (2009)0000
SamertolameuSociedade Deportiva Samertolameu “Meira Mar”MoañaPontevedra1 (2009)0000

Clasificación histórica

Posto Equipo País Puntos Campionatos
1Hondarribia Euskadi3.2433
2Urdaibai Euskadi3.0007
3Orio Euskadi2.8861
4Kaiku Cantabria1.5953
5Cabo da CruzGalicia Galiza1.4610
6Castro Cantabria1.4071
7Koxtape Euskadi1.3900
8San Pedro Euskadi1.3220
9TiránGalicia Galiza1.3190
10Astillero Cantabria1.2942
11Pedreña Cantabria1.2570
12Zierbena Euskadi1.0850
13 Santurzi Euskadi 732 2
14Zarautz Euskadi6430
15 Donostiarra Euskadi 598 0
16Zumaia Euskadi5410
17 Ondarroa Euskadi 491 0
18MecosGalicia Galiza4870
19Portugalete Euskadi3870
20Arkote Euskadi3530
21Isuntza Euskadi3450
22 Ares Euskadi 196 0
23Laredo Cantabria1210
24Trintxerpe Euskadi670
25SamertolameuGalicia Galiza580
26Camargo Cantabria460
Remove ads

Traiñeiras participantes en 2017

Equipo Nome da Traiñeira Localidade Provincia
Club de Remo Ares "Santa Olalla de Lubre"AresA Coruña Galicia
Club de Remo Cabo da Cruz "Cabo da Cruz"Cabo de Cruz (Boiro)A Coruña Galicia
Sociedade Deportiva Tirán “Pereira”Tirán (Moaña)Pontevedra Galicia
Sociedad Deportiva de Remo Astillero “San José XIV”El AstilleroCantabria
Sociedad Deportiva de Remo Kaiku “Bizkaitarra”SestaoBiscaia
Ondarroa Arraun Elkartea "Antiguako Ama"OndarroaBiscaia
Urdaibai Arraun Elkartea “Bou Bizkaia”BermeoBiscaia
Zierbena Arraun Elkartea "Zierbena"ZierbenaBiscaia
Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea “Erreka”PasaiaGuipúscoa
Hondarribia Arraun Elkartea “Ama Guadalupekoa”HondarribiaGuipúscoa
Orio Arraunketa Elkartea “Mirotza”OrioGuipúscoa
Sanpedrotarra Arraun Elkartea “Libia”PasaiaGuipúscoa

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads