Cabo de Cruz, Castro, Boiro

lugar da parroquia de Castro, no concello de Boiro From Wikipedia, the free encyclopedia

Cabo de Cruz, Castro, Boiromap
Remove ads

Cabo de Cruz é unha localidade marítima da parroquia de Castro, situada no sur do concello de Boiro á beira da ría de Arousa. Nos últimos anos o descenso de poboación foi notable, chegando a ter antes de 1999 un número de habitantes de preto de 3.000[Cómpre referencia].

Datos rápidos Parroquia, Concello ...
Remove ads

Patrimonio

Canto ó seu patrimonio arqueolóxico, destacan o Castro do Achadizo, o Castro da Jurita e mais os Fornos de Pedra Rubía.

Ten dúas igrexas, a Capela do Carme, preto do porto e construída no 1960, e a igrexa do Castro, máis grande que a anterior e que é a igrexa parroquial, do século XVII.

Cómpre salientar así mesmo os cruceiros de Romarís e o da Aldea de Arriba, e os hórreos de Romarís e de Carreró. No que se refire á construción civil, destaca pola súa antigüidade a Torre dos Cóengos no lugar de Piñeirón, que se cre que foi construída na mesma época que a Torre de Goiáns, entre o século XV e XVI[1]. Sufriu diversas remodelacións co correr do tempo. Tamén cómpre citar a Granxa do Esteiro, con escudo brasonado.

Remove ads

Economía

Thumb
O marisco, parte importante da economía crucense

A maioría da poboación traballa no mar. O porto de Cabo de Cruz está en fase de expansión debido a grande actividade marítima que rexistra. O sector marisqueiro, coa extracción de diversos bivalvos é o sustento dun número importante de familias. Por outra banda tamén está o sector do cultivo de mexillón en bateas (sector maioritario), e o sector conserveiro e transformador de produtos do mar.

O turismo é un sector dada a calidade recoñecida de praias como a de Carragueiros ou a Retorta, que dispoñen da Bandeira Azul e mais do Q de calidade, amais doutras como Ladeira e a Ribeira Grande ou pequenas calas da costa crucense.

Remove ads

Cultura e deporte

No eido da fotografía destacar a Suso Torrado[2].

Ten un club de remo: o Club de Remo Cabo da Cruz, fundado en 1979, que participa na liga ACT[3] e con diversos premios no seu haber[4]. En fútbol, existe o equipo inicialmente chamado Cabo de Cruz S.D., club fundado en 1970 que mudou o seu nome a SD Valiño Cabo de Cruz en 1992.

En piragüismo destaca o crucense Andoni Larrauri, quen comezou a súa andaina no Club Morcego[5] e ten títulos como o de subcampión de España en K-1[6].

Festas

  • Festa de San Xoán: festa que se celebra o 23 de xuño e nas que se queiman os males.
  • Festa do Carme: festa que se celebra o 16 de xullo, cunha importante tradición no tocante á procesión marítima, e de sona na bisbarra do Barbanza, contando con diversas actividades.
  • Romaría do Castro: celébrase os días 5, 6, 7 e 8 de setembro. Son as festas parroquiais e celébranse dende o nacemento da parroquia do Castro.
  • Exaltación do Mexillón: celébrase o 15 de agosto, é unha festa de carácter gastronómico.
Remove ads

Lugares e parroquias

Lugares de Castro

Lugares da parroquia de Castro no concello coruñés de Boiro

Aldea de Arriba | Banda ó Río | Cabo de Cruz | Cariño | Cesar | Esteiro | Fonte de Mouro | A Pesqueira | Romarís | Xián

Parroquias de Boiro

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boiro

Abanqueiro (San Cristovo) | Bealo (San Pedro) | Boiro (Santa Baia) | Castro (Santa María) | Cespón (San Vicenzo) | Cures (Santo André) | Lampón (Santiago) | Macenda (San Xoán)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads