Lila común
especie botánica From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
A lila común ou simplemente lila[1] (Syringa vulgaris) é unha especie botánica do xénero Syringa na familia das oliveiras (Oleaceae), endémica dos Balcáns, no sueste de Europa, onde medra en outeiros rochosos.[2][3][4] Considérase arbusto ornamental, polas súas flores pequenas de cor branca ou entre azul e rosa, moi olorosas, agrupadas en grandes acios[5].







Remove ads
Descrición
É unha árboriña ou grande arbusto, caducifolio, acada 6–7 m de altura, usualmente de múltiples talos, producindo toros secundarios dende a base ouraíces, con diámetros de talos de 2 dm. A casca é cinsenta a cinsenta parda, lisa nas árbores novas, gretada lonxitudinalmente nos máis vellas. Follas simples, de 4–12 cm de longo x 3–8 cm de largo, verde claras a glaucas, ovais a cordadas, con veación nos folíolos, un chisco mucronado, e marxes enteiras. Van en pares opostos ou ocasionalmente en grupo de tres. Flores de base tubular, corola de 6–10 mm de longo con ápices abertos de catro lóbulos de 5–8 mm, usualmente lilas a malvas, ocasionalmente brancas; en panículas densas, terminais, de 8–18 cm de longo. Froito cápsula seca, parda, lisa, 2 cm de longo, dividida en dous para guindar as dúas sementes aladas.[6]
Cultivo
É unha moi común planta ornamental en xardíns e parques por mor das súas flores atractivas, de doce recendo. Moitas destas plantas de xardín son cultivares con flores variando do branco ao lila escuro; algunhas con flores dobres, onde os estames están substituídos por pétalos extra. O cultivar "Áurea" ten follaxe amarelada. A maioría de cultivares de xardín non exceden os 4–5 m de altura.[7]
Está amplamente naturalizada en Europa do oeste e do norte.
Remove ads
Historia
Foi seleccionada como a flor estatal do Estado de Novo Hampshire, debido a "ser símbolo do duro carácter dos homes e mulleres do Estado de Granito".[8]
Ecoloxía
Esta planta é o alimento das eirugas da traza Craniophora ligustri.
Taxonomía
Syringa vulgaris foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 9. 1753.[9]
- Etimoloxía
O nome científico do xénero Syringa deriva de syrinx un cano ou pipa, referíndose ao estado oco das pólas novas dalgunhas especies.
vulgaris: epíteto latíno que significa "común"
- Sinonimia
- Lilac caerulea (Jonst.) Lunell
- Lilac cordatifolia Gilib.
- Lilac suaveolens Gilib.
- Lilac vulgaris (L.) Lam.
- Lilac vulgaris var. alba (Weston) Jacques & Hérincq
- Lilac vulgaris var. purpurea (Weston) Jacques & Hérincq
- Lilac vulgaris var. violacea (Sol.) Jacques & Hérincq
- Liliacum album (Weston) Renault
- Liliacum vulgare (L.) Renault
- Syringa alba (Weston) A.Dietr. ex Dippel
- Syringa albiflora Opiz
- Syringa amoena K.Koch
- Syringa bicolor K.Koch
- Syringa caerulea Jonst.
- Syringa carlsruhensis K.Koch
- Syringa cordifolia Stokes
- Syringa cordifolia var. alba Stokes
- Syringa cordifolia var. caerulescens Stokes
- Syringa cordifolia var. purpurascens Stokes
- Syringa latifolia Salisb.
- Syringa lilac Garsault
- Syringa marliensis K.Koch
- Syringa nigricans K.Koch
- Syringa notgeri K.Koch
- Syringa philemon K.Koch
- Syringa rhodopea Velen.
- Syringa versaliensis K.Koch
- Syringa virginalis K.Koch[10]
Remove ads
Véxase tamén
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads