Limanda
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Limanda é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] que comprende seis especies propias das costas do norte dos océanos Atlántico e Pacífico, coñecidas en galego como limandas.[2][3]
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1835 polo naturalista alemán Carl Moritz Gottsche.[1]
Etimoloxía
O nome Limanda é un termo do latín científico tirado do francés limande "limanda", que á súa vez deriva do francés antigo lumande, e este do latín lima, "lima" (utensilio dos carpinteiros), ao que lle engadiu o sufixo -ande; estes peixes serían así denominado a causa da rugosidade da súa pel, no sentio de que era 'boa para limar'.[4][5]
Clasificación
Na actualidade recoñécense dentro do xénero as seguintes seis especies:[1][6]
- Limanda aspera (Pallas, 1814) - a limanda áspera.[2]
- Limanda ferruginea (Storer, 1839) -a limanda de cola amarela.[2]
- Limanda limanda (Linnaeus, 1758) - a limanda.[2]
- Limanda proboscidea Gilbert, 1896
- Limanda punctatissima (Steindachner, 1879)
- Limanda sakhalinensis Hubbs, 1915
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
