Lois Pereiro
escritor e poeta galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Luis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996,[1] foi un escritor e poeta galego. O ano 2011 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.[2][3]
Remove ads
Traxectoria
Naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente do Incio. Estudou nos Escolapios e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia, xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.[4]
Na súa estadía en Madrid, contraeu o síndrome do aceite tóxico tras consumir unha garrafa comprada a un vendedor de butano. A doenza marcouno de por vida, deixándoo desfigurado e débil. Regresou a Monforte, onde caeu nunha adicción á heroína que arrastraría durante anos.
Cara a 1981 marchou vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Neste período entrou en contacto con poetas como Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel. Participou en antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborou en revistas como La Naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de Galiza. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela curta Náufragos do Paradiso. A súa obra tamén se espallou na música, participando en letras do grupo do seu irmán Xosé Manuel, Radio Océano.
En 1983 e 1987 viaxou canda Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema e, sobre todo, de televisión tanto convencional (episodios de Dallas, Kung Fu e a primeira tempada d'Os novos) como porno.[5][6]
Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). En 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia. Inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no número 27 de Luzes de Galiza.

Canto ás causas da morte de Pereiro, malia estar daquela enfermo de SIDA, foron un cúmulo de doenzas que remataron cunha insuficiencia hepática.[7] Oficialmente e segundo unha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, logo dun preito para que o Estado pagase o enterro, a causa do seu pasamento foi a intoxicación por aceite de colza desnaturalizado.[8]
Remove ads
Recoñecemento


Os últimos anos víñase reivindicando a dedicación do Día das Letras Galegas ao poeta monfortino. No marco desa campaña situouse unha reedición da súa obra poética verquida ó castelán, catalán e éuscaro, xunto cos textos orixinais.[9][10]
Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas de 2011. A Academia apreciou:
"Evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo."
En palabras do escritor e membro da RAG Manuel Rivas:
"Adicarlle a Lois o Día das Letras de 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular".[11].
O concello de Monforte, a súa vila natal, declarou o 2015 como Ano Lois Pereiro. Homenaxeou o escritor con diferentes actos e deulle o seu nome á Casa da Cultura e á Biblioteca Pública Municipal.[12]
Remove ads
Exemplo da súa lírica
Velaquí uns versos dun dos seus poemas, o epitafio da súa tumba en Santa Cristina do Viso (O Incio):
- "Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria".
Obra

Poesía
- Poemas 1981/1991 (1992, Edicións Positivas)
- Poesía última de amor e enfermidade (1995, Edicións Positivas). Foi traducida ao español,[13] ao éuscaro[14] e ao italiano[15]
- Poemas para unha Loia (1997, Espiral Maior)
- Antoloxía (2011, Galaxia).
- Obra poética completa (2011, Edicións Xerais)
- Obra completa (edición bilingüe galego-castelán) Tradución de Daniel Salgado (2011, Libros del Silencio). Prólogo de Pere Gimferrer[16]
- Collected Poems (obra poética completa en inglés) Tradución de Jonathan Dunne (2011, Small Station Press)
- Sabrani stihotvoreniya (obra poética completa en búlgaro) Tradución de Tsvetanka Elenkova (2013, Small Station Press)
Ensaio
- Modesta proposición e outros ensaios (2011, Xerais)
- Cadernos persoais (2021). Chan da Pólvora, Colección Cova da Lontra. Segundo a editora: "é un conxunto de cadernos inéditos que nos descobren novas perspectivas do seu proceso creativo e nos devolven a atmosfera fascinante dun poeta que atopou nas ondulacións da mente a palabra exacta da poesía".[17] A edición e as notas son da autoría de Héctor Cajaraville[18]
Diarios
- Conversa ultramarina (2010, Edicións Positivas)
Narrativa
- Náufragos do paradiso (2011, Editorial Galaxia)
Obras colectivas
- De amor e desamor, volumes I e II (1984, 1985, Ediciós do Castro)
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990, Ediciós do Castro)
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram)
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads