Lucía Taboada

xornalista e escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Lucía Taboada Vázquez, nada en Vigo en 1986, é unha xornalista e escritora galega.[1] Acadou o premio Panenka ao Libro do ano de 2019 por Como siempre, lo de siempre.[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Taboada estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid (UCM).[3] Traballa como redactora en Todo por la Radio, un espazo do programa La Ventana (Cadena SER) dirixido e presentado por Carles Francino.[4] Tamén apareceu puntualmente noutros programas de radio como Carne Cruda.[5]

Publicou artigos en medios escritos como El País, onde cobre sobre todo tipo de temas de gastronomía, no xornal As, onde escribe de fútbol, e en revistas como GQ, e Vogue tratando temas de cultura, especialmente de cine e televisión.[6][7][8][9] Tamén colaborou coa ilustradora Raquel Córcoles, creadora do personaxe Moderna de Pueblo, na creación e o guión do personaxe de 'La Imperfecta', que se publica na revista Mujer Hoy do grupo Vocento.[10]

Co personaxe de La Imperfecta como protagonista, Taboada e Córcoles publicaron dous libros. O primeiro Dejar de amargarse para Imperfectas en 2014, e o segundo Fuera complejos para Imperfectas en 2016.[11][12] Segundo 20 Minutos, é "un libro que explora a obsesión pola perfección a base de humor" e "propón un plan de vinte e un días para axudar ás mulleres a sentirse mellor coa súa imaxe física".[13]

Taboada publicou en 2015 #Hiperconectados: en una relación estable con Internet, onde fai unha crítica á dependencia das redes sociais e a tecnoloxía. Nesta ocasión o libro conta con ilustracións de Ester Córcoles, irmá de Raquel Córcoles.[14] Uns anos despois, en 2019, publicou na editorial Libros del K.O. Como siempre, lo de siempre, dentro da colección Hooligans Ilustrados, libro no cal Taboada aborda a súa paixón polo fútbol como afeccionada do Real Club Celta de Vigo.[1][15] Este traballo recibiu o premio Panenka ao Libro do ano, outorgado pola revista Panenka especializada en fútbol.[16][17][18]

Remove ads

Recoñecementos

En febreiro de 2020 a revista Panenka especializada en fútbol celebrou a súa sexta edición dos Premios Panenka.[2] Na gala, celebrada en Barcelona, Taboada recibiu o premio ao Libro do ano 2019 por Como siempre, lo de siempre, sendo a única autora entre os once candidatos ao premio, e a única muller en recibir un dos galardóns.[17][19]

Obra

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads