Maeloc

primeiro bispo de Britonia From Wikipedia, the free encyclopedia

Maeloc
Remove ads

Maeloc[1] (ou Mailoc) foi un bispo galego de orixe britana do século VI.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
O reino suevo, no noroeste da Península Ibérica, no século VI.
Remove ads

Traxectoria

O seu nome aparece entre os prelados participantes no Primeiro Concilio de Lugo, no ano 569, e no Segundo Concilio de Braga, no ano 572, asinando: "Mayloc, Brittinorum eclesiae episcopus”.

Representaría a colonia britana estabelecida no norte de Galiza, por brito-romanos emigrantes que abandonaran a illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña, fuxindo das invasións de anglosaxóns xermánicos, acaecidas entre o século V e o VII. Esta hipótese foi formulada por primeira vez por Filgueira Valverde, se ben non existen fontes documentais que o demostren.

Mailoc figura como bispo da diocese de Britonia, lugar que os expertos identifican habitualmente coa actual parroquia de Santa María de Bretoña, situado no concello lucense da Pastoriza.

Remove ads

Nome

O seu nome indubidabelmente céltico, corresponde ao actual francés Maclou, como en Saint Maclou, tomado do bretón continental, onde tal santo é tradicionalmente tido por un dos sete fundadores do cristianismo armoricano. O onomástico latinizouse como Maclovius e aínda Machutus. A forma céltica orixinaria debe ser Mac'h Low, composto de «mac'h» 'prenda' e «luh» 'luz; brillante'. Se escollemos o galés como referencia, existe en galés moderno o nome Maelog, que os celtistas relacionan con Mael 'líder'. Pode tamén estar relacionado co San Maelog que aparece en topónimos (p. ex. Llyn Maelog) nas dedicatorias das igrexas de Gales e Bretaña e que viviu no século VI e mesmo que puidese ser el, aínda que non hai máis probas que a coincidencia do nome e a data[2].

Remove ads

Cultura

O primeiro disco do grupo folk galego Milladoiro levaba por título A Galicia de Maeloc.

Máis información Dignidades da Igrexa católica ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads