Magnolia denudata

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Magnolia denudata
Remove ads

Magnolia denudata, a magnolia yulan, ou simplemente magnolia[1], é unha especie de arboriña caducifolia pertencente á familia das magnoliáceas. O xénero Magnolia púxoo Linneaus en honra a Pierre Magnol, profesor de botánica en Montpellier no século XVII-XVIII. Denudata vén do latín denudatus-a-um= espido, descuberto, quizais polo seu aspecto cando está en floración (sen follas).

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...

Adóitase plantar coma ornamental, polas súas flores primaverais. En Galicia é común en xardinaxe, de feito é a magnolia máis plantada de folla caediza.

Remove ads

Distribución

É orixinaria do leste e do centro da China. Foi cultivada en templos chineses budistas dende o 600 a. C. As súas flores téñense evocado coma un símbolo de pureza na Dinastía Tang e foi plantada nos xardíns do palacio do Emperador. É a flor oficial da cidade de Shanghai.

Descrición

Arboriña caducifolia moi ramalluda, que apenas acada os 15 m de altura. É un chisco arredondada, moi escamada, de textura grosa. O toro e as pólas son moi vistosas, a casca é magra, e se dana facilmente co impacto mecánico. As follas son ovais, verde brillantes, de 15 cm lonxitude e 8 cm de largo, co baseamento cuñado e o ápice sagaz. Limbo de face superior verde e cara inferior máis pálida e pubescente. As flores de cor branca marfil, de 10–16 cm de diámetro, con 9 tépalos cóncavos, grosos. Aparecen antes que as follas, agomando cedo en toda a primavera, cunha intensa e agradábel fragrancia a limón, tornándose despois marróns, sen on hai xeadas. Froitos erectos, marróns, fusiformes, alongados, de 8–12 cm de lonxitude, as sementes son de cor vermella brillante. É semellante a outras magnolias que moran en solos ricos, húmidos, e protexidas de climas extremos, polo que a adaptación ás condición galegas é moi boa.[2][3]

Remove ads

Cultivo e usos

Thumb

Multiplícase por porbaixas. Atura ben o frío e necesita solos de tipo medio non alcalinos. Cultívase a pleno sol ou a media sombra. Utilízase en xardinaxe illado ou en grupos, destacando a súa floración antes de que aparezan as follas. Para un correcto desenvolvemento das árbores novas aconséllase unha fertilización a finais do inverno ou a comezos da primavera cando comezan a abrollar as follas.

A rega debe ser frecuente nos veráns, especialmente no sur de Galicia, evitando deixar secar completamente o substrato. Necesita gozar de moitas horas de luz solar directa ao día para un bo desenvolvemento, plantar nun lugar abeirado, aínda que atura ben as xeadas.

Sinónimos

  • Magnolia yulan' Desf. [1809]
  • Magnolia precia Loisel.
  • Magnolia conspicua Salisb.[4]
  • Gwillimia yulan (Desf.) Kostel.
  • Lassonia heptapeta Buc'hoz
  • Magnolia alexandrina Steud.
  • Magnolia citriodora Steud.
  • Magnolia conspicua Salisb.
  • Magnolia conspicua var. purpurascens Rehder & E.H.Wilson
  • Magnolia conspicua var. rosea Veits
  • Magnolia cyathiformis Rinz ex K.Koch
  • Magnolia denudata var. angustitepala T.B.Chao & Z.S.Chun
  • Magnolia heptapeta (Buc'hoz) Dandy
  • Magnolia obovata var. denudata (Desr.) DC.
  • Magnolia precia Corrêa ex Vent.
  • Magnolia purpurea var. denudata (Desr.) Loudon
  • Magnolia spectabilis G.Nicholson
  • Magnolia superba G.Nicholson
  • Magnolia triumphans G.Nicholson
  • Magnolia yulan Desf.
  • Michelia yulan (Desf.) Kostel.
  • Yulania conspicua (Salisb.) Spach
  • Yulania denudata (Desr.) D.L.Fu
  • Yulania pyriformis (T.D.Yang & T.C.Cui) D.L.Fu[5]
Remove ads

Notas =

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads