Pobo mandinga
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os mandinga[6] (tamén coñecidos localmente como malinke, maninka, manding, mandingo, mandenka, dioula, bambara ou mandinko)[7] son un grupo étnico de África occidental e un dos principais grupos étnicos do continente (os outros tres grandes grupos étnicos de África son os fula, os hausa e os songhai). Os mandinga son descendentes do Imperio de Malí, que ascendeu ó poder na rexión durante o século XIII baixo o goberno do rei Sundiata Keita, quen fundou o imperio que dominaría gran parte de África occidental. Migraron cara ó oeste dende o río Níxer na procura de mellores terras agrícolas e máis oportunidades de conquista.[8]
Os mandinga viven principalmente nos estados de Malí, Gambia, Guinea, Serra Leoa, o Senegal, Burkina Faso, Liberia, Guinea-Bissau, Níxer, Mauritania e Costa do Marfil. Malia súa gran dispersión, en moitos países os mandinga non son o maior grupo étnico,[9] agás en Gambia e Guinea onde constitúen a maioría demográfica.[9] A maioría dos mandinga viven en comunidades familiares nas vilas rurais tradicionais. A súa sociedade tradicional componse de castas estratificadas.[7][10] As comunidades mandinga teñen unha grande autonomía e autogoberno, sendo lideradas por un xefe ou grupo de anciáns. Teñen unha ampla tradición oral onde a súa mitoloxía, historia e coñecementos son transmitidos de xeración en xeración verbalmente.[11] Máis do 99% dos mandinga son musulmáns.[12]
Remove ads
Relixión
O 99% dos mandinga son musulmáns.[8][12] Os mandingas recitan capítulos do Corán en árabe. Algunhas comunidades sincretizaron o islam coas relixións tradicionais africanas.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads