Manuel Soto Freire

xornalista e editor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Manuel Soto Freire
Remove ads

Manuel Soto Freire, nado en Lugo o 26 de xaneiro de 1826[1] e finado en Pantón o 27 de marzo de 1897,[2] foi un xornalista e editor galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Formado en Lugo como caixista na imprenta Pujol, estableceu os seus obradoiros tipográficos en 1851.[3] Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras.

Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1860), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), Boletín del Clero del Obispado de Lugo (1861), Boletín Oficial de Ventas de Bienes Nacionales (1861-1868),[4] El Gallego (xullo 1867-decembro 1867),[4] La Paz (1869-1873), La Patria (1869), La Fe (1873) e El Lucense (1883). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Almanaque de Galicia (1858),[5] Las Dos Asturias (1864)[6] e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia.

Publicou, por entregas, os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de Manuel Murguía,[7] e a Gramática Gallega (1868) de Saco y Arce,[8] amais de obras de Rosalía de Castro, como El caballero de las botas azules.[9] Tamén publicou, en 1873, as Antigüeades prehistóricas y célticas de Galicia, de José Villa-amil y Castro.[10]

O ano seguinte, en 1874, pasoulle o taller e a imprenta a Juan María Bravos.[11]

Foi autor do ensaio La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico (1892), de consulta obrigada no estudo da prensa periódica en Galicia.

Remove ads

Galería de imaxes

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads