MariaDB
sistema de xestión de bases de datos de código aberto From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
MariaDB é o nome dunha comunidade de desenvolvedores derivados da base de datos MySQL con licenza libre GNU GPL creada por Michael Widenius (fundador de MySQL) despois de ser mercado MySQL por Oracle.
O sistema ten dous motores de almacenamento novos: Aria, que substitúe a MyISAM e XtraDB que substitúe a InnoDB. MariaDB mantén unha alta compatibilidade con MySQL xa que ten as mesmas ordes, interfaces, APIs e bibliotecas.
Remove ads
Sistema
MariaDB emprega os números de versión, ata 5.5, seguindo a numeración de MySQL e as características son as mesmas.
MySQL tiña versión 5.0 á que seguiu a 5.5. MariaDB tivo versións 5.1, 5.2 e 5.3. Esas versións foron introducindo algunhas características, pero non tódalas funcións dispoñibles en MySQL 5.5.
Despois da versión 5.5, os desenvolvedores de MariaDB decidiron empezar unha nova rama numerando como 10. Este troco fíxose para deixar máis claro que MariaDB (no futuro) non importará tódalas características de MySQL 5.6 (porque algunhas delas non parecen ser o suficientemente estables para as normas de MariaDB).
Clientes
- DBEdit — aplicación libre para a administración para MariaDB e outras bases de datos.
- Navicat — series propietarias de aplicacións xestoras de bases de datos para Windows, Mac OS X e Linux.
- MonYog e SQLYog — xestor gráfico de bases de datos, monitor e avisos.
- HeidiSQL — cliente libre para MySQL en Windows. Incluído co paquete Windows MSI de MariaDB achegado coa versión.
APIs
- node-mariasql — unha API para node.js pon en funcionamento MariaDB e non bloquea operacións (compatible con MySQL).[1]
Aplicacións
As seguintes aplicacións teñen soporte oficial MariaDB:
Remove ads
Wikipedia en MariaDB
En 2012 Wikipedia comezou a migración das súas bases de datos MySQL a MariaDB[2].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads