Mario Casas
actor gallego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Mario Casas Sierra, nado na Coruña o 12 de xuño de 1986, é un actor galego.
Remove ads
Traxectoria
Nado no barrio coruñés da Sardiñeira, en 1994 marchou vivir a Barcelona coa súa familia. Alí comezou a traballar en publicidade, ata que a finais do 2003 marchou estudar teatro a Madrid. En 2006 participa en SMS unha serie emitida en La Sexta. Nese mesmo ano Casas debuta no cine co filme El camino de los ingleses, dirixido por Antonio Banderas, mais a súa sona acadaríaa grazas á súa participación na serie de televisión española Los hombres de Paco.
No 2009 foi protagonista de dous dos filmes españois de máis éxito en recadación do ano; Fuga de cerebros, coprotagonizada con Amaia Salamanca, e mais Mentiras y gordas canda Yon González, Ana María Polvorosa, Ana de Armas e mais Hugo Silva. Ámbalas dúas conseguiron lideralo portelo nacional durante a fin de semana da súa estrea.
Remove ads
Vida persoal
Viviu en Collbató e Esparreguera (Barcelona). Foi relacionado sentimentalmente coa tamén actriz Amaia Salamanca, coa que protagonizou Fuga de cerebros. Ten dous irmáns que, coma el, son actores; Christian Casas e Óscar Casas, e mais unha irmá; Sheila Casas.
En 2009 empezou unha relación coa tamén actriz María Valverde Rodríguez, coñecéndose ó coincidir na rodaxe da película La mula, que se estreou en maio de 2013, debido a diversos problemas.[1]
Remove ads
Filmografía
Cinema
Televisión
Curtametraxes
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads