Hugo Silva

actor español From Wikipedia, the free encyclopedia

Hugo Silva
Remove ads

Rafael Hugo Fernández Silva, coñecido como Hugo Silva, nado en Madrid o 10 de maio de 1977, é un actor español. Foi considerado o home máis desexado de España en 2010 segundo La Flecha.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Biografía

Silva cursou estudos de teatro na Escola de Arte Teatral Ángel Gutiérrez, no Teatro Cámara de Madrid e realizou estudos de arte dramática na RESAD. Tamén recibiu formación de canto e guitarra.

Formou parte dun grupo de música heavy, chamado Inordem, ao que deixou para dedicarse de cheo á súa carreira de actor.

Foi actor secundario en series como Al salir de clase e Los hombres de Paco, serie coa que se consagrou como actor, e o protagonista da serie Paco y Veva á beira de Elena Ballesteros.

Fixo obras de teatro como Las amistades peligrosas e Atraco a las 3. Tamén fixo cine participando en filmes como Terca vida, Reinas ou Ladies’ Night. O seu debut televisivo foi en Crónicas marcianas facendo un son pregravado dun grupo heavy.

Desde 2005 e ata 2009 viviu o seu maior momento de popularidade ao encarnar a Lucas Fernández, un dos tres protagonistas da exitosa serie Los hombres de Paco, de Antena 3. Por este papel foi nomeado ao Fotogramas de Prata en 2007.

Durante a rodaxe de Al salir de clase relacionóuselle sentimentalmente coa súa compañeira Olivia Molina. Máis tarde atribuíronselle romances coas tamén actrices Kira Mirou (coa que coincidiu en Paco y Veva) e, máis recentemente, Silvia Marty, coñecida polo seu papel de Ingrid en Un paso adelante, ou en LEX.

Rodou a serie Karabudjan, rodada principalmente en Colombia, e na que coincide cos actores Marta Nieto e Víctor Clavijo entre outros. Tamén tivo un papel principal na tv-movie de Antena 3 La princesa de Éboli, onde compartiu pantalla con Belén Rueda, quen interpretaba a Ana de Mendoza, e tamén volveu coincidir con Michelle Jenner. Hugo Silva interpretou a Antonio Pérez, quen mantiña unha relación secreta con Ana de Mendoza.

Remove ads

Traxectoria

Televisión

Cine

  • 2010: El sexo de Los Ángeles
  • 2010: El color del mal
  • 2010: Para la libertad (interpretando ó poeta Miguel Hernández).
  • 2010: Que se mueran los feos
  • 2009: Agallas
  • 2009: Mentiras y gordas
  • 2007: El hombre de arena.
  • 2004: Reinas.
  • 2003: Ladies’ Night.
  • 2000: Terca vida.

Teatro

  • 1993: Hibrit
  • 1995: Las amistades peligrosas
  • 2001-2002: Atraco a las tres
  • 2009: Hamlet

Dobraxe

  • 2004: Largo domingo de noviazgo.
Remove ads

Premios

  • Nomeado ao premio Fotogramas de Prata 2007 ao mellor actor de televisión por Los hombres de Paco.
  • Nomeado ao premio Fotogramas de Prata 2008 ao mellor actor de cine por El hombre de arena.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads