Matt Mullenweg
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Matthew Charles Mullenweg, nado en Houston, Texas, o 11 de xaneiro de 1984, é un programador estadounidense coñecido por crear o sistema de xestión de contido Wordpress. Por outra banda, creou o servizo de filtrado de spam centralizado Akismet, a compañía Automattic e o servizo de hosting gratuíto de blogs WordPress.com.

Remove ads
Traxectoria
Wordpress
- Artigo principal: Wordpress.
En xuño de 2002 Matt comezou a usar o xestor de contidos b2/cafelog para publicar as fotos que sacou nunha viaxe a Washington, D.C. para participar na National Fed Challenge. Contribuíu cun pouco de código para arranxar unhas faltas de ortografía e para limpar as ligazóns permanentes.
En xaneiro de 2003, uns meses despois de que finalizase o desenvolvemento de b2, anunciou[1] no seu blog que ía crear un fork para actualizalo aos estándares web e modificalo para as súas necesidades. Mike Little falou con el e xuntos crearon WordPress a partir do código fonte de b2. O programador orixinal de b2, Michel Valdrighi, uniuse a eles ao pouco tempo.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads