Maxilípedo
From Wikipedia, the free encyclopedia
En zooloxía, chámamse maxilípedos, maxilípedes[1] ou patas maxilas aos apéndices torácicos de moitos artrópodos (crustáceos e miriápodos), que serven para auxilialos na alimentación.


Encóntranse próximos á boca e poden teren pequenas quelas para aseguraren os alimentos.[2]
Etimoloxía
O termo maxilípedo entrou nas liguas modern as a través do francés maxillipède, construído polos elementos maxilli-, tirado do latín maxilla, 'mandíubula', e -pède, derivado do latín pēs, pedis, 'pé', 'pata'.[3]
Crustáceos
Nos crustáceos das clases dos malacostráceos, maxilópodos e ramipedios, os maxilípedos son apéndices dos primeiros segmentos torácicos ou toracómeros (do 1º ao 3º), anteriores e fusionados co céfalon, que están incorporados á cabeza como pezas bucais adicionais para a manipulación do alimento.[4]
Miriápodos
Nos miriápodos, os maxilípedos son cada un dos apéndices do tronco dalgús destes animais que asumen funcións tróficas (prensión ou mastigación dos alimentos) propias dos apéndices cefálicos. Concretamente nos quilópodos son cada un dos apéndices do primeiro par do tronco, modificados como garras dirixidas para adiante (forcípulas) e adpatados para a captura das presas, e coas que lles ixenctan veleno.[5]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.