Mazinho
futbolista brasileiro From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Iomar do Nascimento, coñecido como Mazinho, nado o 8 de abril de 1966 en Santa Rita (Paraíba), é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol brasileiro. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección brasileira.
Remove ads
Traxectoria
Iniciouse no Santa Cruz Futebol Clube. Despois xogou noutro equipo do seu país natal, o Vasco da Gama para logo estar dous anos en Italia e chegar a España fichado polo Valencia CF.
O seu seguinte equipo foi Real Club Celta de Vigo, no que xogou durante varias temporadas converténdose nun dos xogadores máis queridos pola afección celeste.
Aínda que tras deixar o Celta pasou por outros dous equipos españois (Elche CF e Deportivo Alavés) antes de decidir retirarse, seguiu vivindo en Vigo tras colgar as botas e mesmo chegou a crear unha escola de fútbol.
Selección nacional
Foi internacional coa Selección de fútbol do Brasil 35 veces (Xogadores con máis partidos na Selección de fútbol do Brasil
Remove ads
Carreira de adestrador
En xaneiro de 2009 foi presentado como novo adestrador do Aris Salónica FC, substituíndo ao español Quique Hernández.[1] Foi substituído polo ex-adestrador do Valencia CF Héctor Cúper en novembro de 2009.
Persoal
É o pai de Thiago Alcântara e Rafa Alcântara, xogadores do Liverpool FC e do Paris Saint-Germain respectivamente
Palmarés
Campionatos nacionais
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads