Meloidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Meloidos
Remove ads

Os meloidos (Meloidae) son unha familia de escaravellos, famosos por producir unha secreción defensiva que contén un axente vesicante chamado cantaridina, que segregan polas articulacións das patas. Coñécense unhas 7 500 especies desta familia en todo o mundo. Na Península Ibérica encóntranse 69 especies de 19 xéneros.[1] En Europa hai un total de 180 especies. Moitas son moi visibles e algunhas están coloreadas aposematicamente, anunciando visualmente a súa toxicidade a posibles depredadores, pero tamén as hai escuras.

Máis información Meloidae, Clasificación científica ...
Remove ads

Descrición

Thumb
A abella Colletes hederae portando un triungulino parasito do meloido Stenoria analis

Os seus élitros parecen de coiro e son brandos e rodean o abdome. O pronoto adoita ser cilíndrico ou arredondado e máis estreito que a cabeza e a base dos élitros. As antenas son filiformes ou monofiliformes. O corpo é alongado, desde de poucos milímetros a 7 cm de longo, segundo a especie. O ciclo vital dura de 1 a 3 anos, dependendo das condicións. Estes escaravellos son hipermetamórficos, e pasan por varios estadios larvais, o primeiro dos cales é un triungulino móbil. As larvas son insectívoras, principalmente atacan a abellas, aínda que algunhas se alimentan de ovos de saltóns. O estadio final da larva é unha pseudopupa coactata, estado no que pasan o inverno. A larva dos meloidos, aínda que ás veces é considerada parasitoide, en xeral, parece comer o hóspede inmaturo xunto coas súas provisións almacenadas, e pode a miúdo sobrevivir só coas provisións, polo que non é un parasitoide obrigado, senón facultativo, ou simplemente un predador. Os adultos ás veces aliméntanse de flores e follas de plantas de diversas familias.[2]

Remove ads

Toxicidade

A cantaridina, unha substancia química velenosa que causa a formación de vexigas na pel, utilízase medicamente para eliminar verrugas[3] e recóllese para este propósito de especies do xénero Mylabris e Lytta, especialmente de Lytta vesicatoria. O uso da cantaridina non está aprobado nalgúns países, como EUA.[4]

A cantaridina é o principal irritante do remedio de medicina popular chamado "mosca española", que se obtén a partir de escaravellos secos da familia Meloidae.

O xénero máis grande, Epicauta, contén moitas especies tóxicas para os cabalos, como E. vittata. Con tal que o cabalo coma uns poucos destes escaravellos mesturados coa súa alfalfa o resultado pode ser mortal.[5] En áreas semiáridas do oeste dos Estados Unidos, o uso de certas técnicas modernas de colleita pode contribuír á presenza de cantaridina na forraxe colleitada. A práctica de acondicionar o feo, esmagar os talos para favorecer o seu secado, tamén esmaga os escaravellos que puidesen estar presentes, que non teñen tempo de escapar, e isto causa que se libere a súa cantaridina na forraxe. Os meloidos son atraídos pola alfalfa e malas herbas durante a floración.[6]

Remove ads

Sistemática

Subfamilia Eleticinae

Tribo Derideini

  • Anthicoxenus
  • Deridea
  • Iselma
  • Iselmeletica

Tribo Morphozonitini

  • Ceriselma
  • Morphozonitis
  • Steniselma

Tribo Eleticini

  • Eletica

Tribo Spasticini

  • Eospasta
  • Protomeloe
  • Spastica
  • Xenospasta

Subfamilia Meloinae

Thumb
Epicauta pennsylvanica (Meloinae: Epicautini)
Thumb
Cysteodemus armatus no deserto do Mojave. O recubrimento branco é cera cuticular, que pode variar de branco a amarelo nesta especie .

Tribo Cerocomini

  • Anisarthrocera
  • Cerocoma
  • Diaphorocera
  • Rhampholyssa
  • Rhampholyssodes

Tribo Epicautini

  • Denierella
  • Epicauta
  • Linsleya
  • Psalydolytta

Tribo Eupomphini

  • Cordylospasta
  • Cysteodemus
  • Eupompha
  • Megetra
  • Phodaga
  • Pleropasta
  • Tegrodera
Thumb
Meloidos como este Lytta vesicatoria (Meloinae: Lyttini) poden ser manipulados con seguridade con tal de que o animal non estea asustado, e pode permitírselles moverse libremente. Nas circunstancias contrarias, poden causar lesións dolorosas.
Thumb
Meloe violaceus (Meloinae: Meloini): Nótese a pinga de cor laranxa de fluído defensivo no seu tórax.
Thumb
Mylabris quadripunctata (Meloinae: Mylabrini)

Tribo Lyttini

  • Acrolytta
  • Afrolytta
  • Alosimus
  • Berberomeloe
  • Cabalia
  • Dictyolytta
  • Eolydus
  • Epispasta
  • Lagorina
  • Lydomorphus
  • Lydulus
  • Lydus
  • Lytta
  • Lyttolydulus
  • Lyttonyx
  • Megalytta
  • Muzimes
  • Oenas
  • Parameloe
  • Paroenas
  • Physomeloe
  • Prionotolytta
  • Prolytta
  • Pseudosybaris
  • Sybaris
  • Teratolytta
  • Tetraolytta
  • Trichomeloe

Tribo Meloini

  • Cyaneolytta
  • Lyttomeloe
  • Meloe
  • Spastomeloe
  • Spastonyx

Tribo Mylabrini

  • Actenodia
Thumb
Unha especie branca e negra de Actenodia
  • Ceroctis
  • Croscherichia
  • Hycleus
  • Lydoceras
  • Mimesthes
  • Mylabris
  • Paractenodia
  • Pseudabris
  • Semenovilia
  • Xanthabris

Tribo Pyrotini

  • Bokermannia
  • Brasiliota
  • Denierota
  • Glaphyrolytta
  • Lyttamorpha
  • Picnoseus
  • Pseudopyrota
  • Pyrota
  • Wagneronota

Xéneros incertae sedis

  • Australytta
  • Calydus
  • Gynapteryx
  • Oreomeloe
  • Pseudomeloe

Subfamilia Nemognathinae

Thumb
Horia sp. de Bannerghatta (Bangalore)
Thumb
Sitaris muralis (Nemognathinae: Sitarini)

Tribo Horiini

  • Cissites
  • Horia
  • Synhoria

Tribo Nemognathini

  • Cochliophorus
  • Euzonitis
  • Gnathium
  • Gnathonemula
  • Leptopalpus
  • Megatrachelus
  • Nemognatha
  • Palaestra
  • Palaestrida
  • Pseudozonitis
  • Rhyphonemognatha
  • Stenodera
  • Zonitis
  • Zonitodema
  • Zonitolytta
  • Zonitomorpha
  • Zonitoschema

Tribo Sitarini

  • Allendeselazaria
  • Apalus
  • Ctenopus
  • Glasunovia
  • Nyadatus
  • Sitaris
  • Sitarobrachys
  • Stenoria

Xéneros incertae sedis

  • Hornia
  • Onyctenus
  • Sitaromorpha
  • Tricrania

Subfamilia Tetraonycinae

Tribo Tetraonycini

  • Meloetyphlus
  • Opiomeloe
  • Tetraonyx
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads