Zifio de True

From Wikipedia, the free encyclopedia

Zifio de True
Remove ads

O zifio de True,[1] tamén grafado cifio de True,[2] Mesoplodon mirus, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[3] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[4]

Datos rápidos Conservación, Distribución ...
Thumb
Esqueleto de Mesoplodon mirus, no Museo de Ciencias Naturais de Carolina do Norte en Raleigh, Carolina do Norte.

Recibe o seu nome vulgar na honra de Frederick William True, que foi quen decribiu a especie.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1913 polo biólogo estadounidense Frederick William True, o primeiro conservador principal de bioloxía (1897-1911) no Museo Nacional dos Estados Unidos, hoxe integrado no Instituto Smithsoniano,[5] na súa obra "Description of Mesoplodon mirum, a beaked whale recently discovered on the coast of North Carolina". Proceedings of the United States National Museum, 45: 651-657.[3]

O espécime tipo foi unha femia adulta que quedara varada na beira exterior de Bird Island shoal, Beaufort Harbour, Carolina do Norte, que examinou True en xullo de 1912.[3][6]

Sinónimos

A especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Mesoplodon mirus True, 1913 (protónimo)
  • Mesoplodon mirum9 True, 1913 (desinencia do nome específico impropia)
Remove ads

Características

As principais características de Mesoplodon mirus son:[2][7][8]

  • É un zifíido de tamaño medio, de corpo fusiforme moi alongado e compimido lateralmente.
  • Pode alcanzar un tamaño de até os 5,3 m. As femias pesan até 1 400 kg, e os machos, menores,até os 1 010 kg. Ao naceren miden ao redor de 2,2 m de lonxitude.
  • A cabeza é pequena, coa fronte globosa (melón), e remata nun bico de tamaño medio. O espiráculo pode presentar amosega, e hai unha prega detrás del.
  • O maxilar inferior excede ao superior. Os dous dentes distintivos dos machos son pequenos e están fixados no extremo do bico (con todo, rexistráronse dentes adicionais). Posúe un dente pequeno, inclinado cara a adiante, no extremo anterior da mandíbula.
  • Presenta, baixo a gorxa, dous sucos en forma de "V".
  • A aleta dorsal está situada no terzo posterior do corpo. É pequena e falcada (en forma de fouce) e coa punta arredondada e o bordo posterior cáncavo.
  • As aletas pectorais son pequenas e de forma lanceolada, e están situadas moi baixas, na zona ventrolateral; presentan alforxas tras as axilas, onde o animal pode repregalas cando se mergulla.
  • A coloracción é gris o gris apardazada na pate traseira, máis clara nas partes inferiores e notabelmente máis escura nos beizos, ao redor dos ollo e preto da aleta dorsal. Ma zona xenital hai unha superficie de tamaño varábel de manchas brancas, amareladas ou pardas.
  • Ás veces tamén hai unha zona escura entre a cabeza e a aleta dorsal. Unha femia no hemisferio sur era de cor negra azulada cunha zona branca entre a aleta dorsal e a caudal, así como unha mandíbula e unha gorxa de cor gris claro, con moutas negras. Un individuo das Illas Canarias tiña unha área branca desde o fociño ata o espiráculo.
  • Os machos teñen cicatrices de ataques de tiburóns.
Remove ads

Distribución e poboación

Vídeo submarino de zifios de True gravado fronte ás Azores.

O zifio de True parece ter unha distribución disxunta e subtropical.[9][10] No hemisferio norte só se coñecen no Atlántico norte, rexistrándose no leste de América do Norte (desde Nova Escocia até Florida), e as Bermudas, e en Europa, desde o Reino Unido (Escocia), o golfo de Biscaia, até as illas Canarias e os Azores. Tamén se encontra no sur do océano Índico, desde Suráfrica, Madagascar, o sur de Australia e a costa atlántica do Brasil.[10]

A especie xeralmente non se atopa a máis de 30° ao norte ou ao sur do ecuador, o que pode indicar que as subpoboacións norte e sur están illadas entre si, e que posibelmente sexan xeneticamente distintas, o que está apoiado por diferenzas morfolóxicas e de cor.[11][12] Non existen estimacións sobre a súa poboación.

Até os últimos anos, os zifios de True só se identificaban raramente no mar, e non hai estimacións da súa abundancia. Porén, non se cre que a especie sexa rara no Atlántico norte. Non hai información sobre as tendencias da abundancia global desta especie.[13]

Hábitat e bioloxía

Mesolodon mirus é probblelmente unha especie peláxica de augas profundas, como outros zifíidos.[14]

Como outros membros do xénero, nos animais varados encontráronse luras (principalmente Loligo spp.) no estómago. Tamén se encontraron peixes, polo menos ocasionalmente. A análise de isótopos estábeis descubriu que esta especie se alimenta a un nivel trófico similar a outras especies de Mesoplodon coas que é simpátrica, pero a un nivel trófico inferior ao do zifio de Cuvier e aos golfiños mulares do norte, o que suxire que se alimenta de presas máis pequenas que estas últimas especies.[15]

Non hai información sobre a reprodución e o comportamento desta especie.[2]

Probabelmente forme gupos reducidos, e 3 a 5 individuos.[2]

Remove ads

Ameazas

Case non hai información sobre as ameazas e o estado desta especie. Parece que nunca foi cazado. O seu enredamento nas artes de pesca, especialmente nas redes de enmalle nas augas profundas (por exemplo, as que e empregan pa ao atún), é probabelmente a ameaza máis significativa.[13]

Esta especie, como outros zifíidos é susceptíbel de ser vulnerábel aos sons antropoxénicos fortes, como os xerados polo sonar das mariñas e a exploración sísmica.[16]

Como especie de augas temperadas, o zifio de True pode ser vulnerábel aos efectos do cambio climático, xa que o quecemento do océano pode producir un cambio ou contracción do rango das especies xa que incide na temperatura das súas augas preferidas. Porén, descoñécese o efecto destes cambios no tamaño ou posición da área de dispersión desta especie.[17]

A evidencia de individuos varados de Mesoplodon mirus indica que tragaron obxectos de plástico desbotados. Isto pode levar á súa morte.[18]

Remove ads

Estado de conservación

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC) considera que hai pouca información sobre a abundancia da poboación desta especie, e ningunha sobre a evolución da súa tendencia. Non se cre que sexa pouco frecuente, pero é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións. Por iso cualikfica o status da especie como DD (datos insuficientes).[13]

Remove ads

En Galicia

A presenza desta especie en Galicia é accidental.[2]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads