Metro de Madrid
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Metro de Madrid é un sistema de metro que serve á cidade de Madrid, en España. Foi inaugurado o 17 de outubro de 1919 polo rei Afonso XIII.
Metro de Madrid | ||
![]() | ||
![]() | ||
Localización | Área metropolitana de Madrid, España | |
Tipo de transporte | Metro | |
Inauguración | 17 de outubro de 1919 | |
Lonxitude das liñas | 324 km | |
Número de liñas | 12 convencionais, 1 ramal e as 3 liñas de metro lixeiro | |
Nº de usuarios ao día | 1 689 132 (en 2004) | |
Parque móbil | 1.550 coches (en 2004) | |
Ancho de vía | 1,445 m | |
Control do metro | Comunidade de Madrid e Concello de Madrid |

A rede conta con 238 estacións, das que 200 son sinxelas, en 27 trasbordan dúas liñas, en 10 teñen parada tres liñas e a estación de Avenida de América que serve de transbordo a catro liñas. En tres desas estacións (Tres Olivos, Estadio Olímpico e Puerta de Arganda), faise cambio de tren dentro dunha mesma liña, e en 21 paradas hai correspondencia coa rede de Cercanías Madrid de Renfe. Se se teñen en conta as liñas que pasan por cada estación a cifra de estacións en total asciende a 300 estacións en liña.
A rede de Metro de Madrid compóñena 12 liñas convencionais con 238 estacións, o ramal que une Ópera e Príncipe Pío e as tres liñas existentes de metro lixeiro que suman un total de 27,78 km e contan con 38 estacións, das que Metro de Madrid opera as 9 paradas da liña ML1 de 5,4 km; a lonxitude total da rede é de 293 quilómetros.
É a quinta rede de metro do mundo por quilómetros (despois das de Londres, Nova York, Toquio e Moscova);[1] dato notable tendo en conta que, cuns 3 millóns de habitantes no seu municipio e case 6 millóns na súa área metropolitana, a cidade sitúase no posto 50º entre as metrópoles do mundo. É ademais unha das que máis rapidamente se expande na actualidade, con notables ampliacións durante a última década. Con todo, durante o 2004 contabilizáronse 616 533 167 desprazamentos, que a deixan lonxe das 10 primeiras redes de metro polas súas cantidades de viaxeiros[2].
Actualmente a rede estendeuse máis alá da cidade de Madrid para prestar servizo a varios concellos da súa área metropolitana. Estes son: Alcobendas, San Sebastián de los Reyes, Coslada, San Fernando de Henares, Rivas-Vaciamadrid, Arganda del Rey, Alcorcón, Leganés, Xetafe, Móstoles, Fuenlabrada, Pozuelo de Alarcón e Boadilla del Monte (os dous últimos están conectados por liñas de metro lixeiro).
Remove ads
Historia
- Artigo principal: Historia do Metro de Madrid.
No centro da cidade, concretamente nos arredores da Puerta del Sol (véxase: Historia da Puerta del Sol) había xa a finais do século XIX un tráfico tal de tranvías e de carruaxes que, desde 1892, propúxose a construción do metro. Pedro García Faria proxectaba levar a cabo unha rede de cinco liñas, que debían tamén poder transportar mercancías. Aínda que Faria obtivo a concesión ao proxecto, as obras non chegaron a executarse.

En 1913, cando Madrid contaba uns 600.000 habitantes, os enxeñeiros Miguel Otamendi, Carlos Mendoza, Sáez de Argandoña e Antonio González Botarche presentaron un novo proxecto de rede de metro. Provería á cidade de catro liñas cunha lonxitude total de 154 km. O seu traxecto comprendía exactamente o mesmo percorrido das liñas 1, 2, 3 e 4 do metro actual. As obras empezaron o 19 de setembro de 1916. Antonio Palacios foi o arquitecto que deseñou as principais estacións e bocas do metro madrileño ata a súa morte en 1945.
O 17 de outubro de 1919 o rei Afonso XIII inaugura a primeira liña entre a Puerta del Sol e Cuatro Camiños. A liña tiña 3,48 km e 8 estacións. É tal o éxito do novo medio de transporte que no primeiro ano é usado por máis de 14 millóns de usuarios. En 1926 xa hai 14,8 km de vías.[3]
En 1955 promúlgase o decreto de Lei de Réxime Compartido de Financiamento polo cal créase a Compañía Metropolitana de Madrid, que se encargará da explotación comercial do servizo e da compra do parque móbil, mentres que o Estado segue sendo o encargado da realización das infraestruturas das novas liñas. Así mesmo, comézase coa ampliación dos andeis de 60 a 90 m para permitir o uso de trens con 6 coches.
Entre 1981 e 1982 cámbiase a totalidade da sinalización ao viaxeiro do Metro de Madrid, créase o primeiro plano esquemático e se redeseña a imaxe do rombo, máis acorde coa nova sinalización, a diferenza doutras sinalizacións de metros que han evolucionado no tempo, o deseñador Arcadi Moradell Bosch crea unha sinalización totalmente diferente á anterior con grande éxito segundo os estudos do propio Metro, deseña o primeiro plano esquemático a 45º e 90º do Metro e modifica o rombo/logotipo con cambios de cor e tipografía similares á nova sinalización. No ano 2009 Metro de Madrid encarga ao mesmo deseñador, Arcadi Moradell, a actualización da Normativa de Sinalización ao Viaxeiro da Rede de Metro de Madrid.
Debido a problemas económicos da compañía, o Estado intervén a compañía a través do Real Decreto-Lei de 7 de xuño de 1978. Durante os primeiros anos de democracia inaugúranse novas liñas, superando o tamaño da rede ata os 100 km. En 1986, a Comunidade de Madrid e o Concello de Madrid asumen o control do metro.
En 1995 inícianse os plans quinquenais para as ampliacións. No plan 1995-1999 creáronse as liñas 8 e 11 e ampliáronse outras, de forma que foron superados os 170 km e renovouse o parque móbil coa adquisición de novos trens. No de 1999-2003 tivo como actuación máis importante construír MetroSur e o plan de 2003-2007, a introdución do metro lixeiro e as prolongaciones a varios municipios da coroa metropolitana. Cabo destacar que, trala inauguración de MetroSur en 2003, a rede de metro de Madrid é, desde entón e aínda agora, a única rede de ferrocarril metropolitano do mundo que conta con dúas liñas circulares (a Liña 6 e MetroSur, que é a Liña 12).
Remove ads
Liñas do metro de Madrid

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads