Microstomus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Microstomus é un pequeno xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos.[1]
O xénero comprende catro especies propias das costas do norte dos océanos Atlántico e Pacífico,[2] coñecidas en galego como mendos.[3]
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1835 polo naturalista alemán Carl Moritz Gottsche.[1]
A especie tipo do xénero é Microstomus latidens Gottsche, 1835, hoxe reclasificada como Microstomus kitt (Walbaum, 1792)[1]
Sinónimos

Ao longo do tempo, o xénero, ademais de polo nome actualmente válido, que é o que lle adxudicou Gottsche, coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Cynicoglossus Bonaparte, 1837
- Veraequa Jordan & Starks, 1904
Etimoloxía
O nome do xénero, Microstomus, está construído coa forma prefixa do latín científico micro-, tirada da do grego antigo μικρο- mikro-, derivada do adxectivo μικρὸς mikrós, "pequeno", "pequena"", e o substantivo στόμα stóma, "boca".
Especies
Na actualidade recoñécense dentro do xénero Microstoma as seguintes catro especies:[1][2]
- Microstomus achne (Jordan & Starks, 1904)
- Microstomus kitt (Walbaum, 1792) - mendo limón.[3]
- Microstomus pacificus (Lockington, 1879) - mendo do Pacífico.[3]
- Microstomus shuntovi Borets, 1983
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads