Microstomus pacificus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Microstomus pacificus é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das catro que integran o xénero Microstomus,[2] e que é coñecida en galego como mendo do Pacífico.[3]
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos ten o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Remove ads
Taxonomía
A especie foi descrita en 1879 polo zoólogo inglés William Neale Lockington, baixo o nome o nome de Glyptocephalus pacificus.[1]
Bioloxía
Trátase dun peixe mariño, demersal, oceanódromo, de certa importancia económica, que pode alcanzar até os 76 cm de lonxitude e até os 3,5 kg de peso, aínda que os exemplares capturados roldan os 40 cm, que habita en augas pouco profundas dos mares do Pacífico oriental, en fondos lamacentos a profundidades de entre os 10 e os 1.370 m, e que se distribúe desde o mar de Bering polo norte, até a Baixa California, polo sur.[4]
Remove ads
Pesca e usos
O mendo do Pacífico captúrase, mediante artes de arrastre, en toda a súa área de distribución, nas zonas pesqueiras 67 e 77 (Pacífico nordeste e Pacífico centro leste, respectivamente).[3]
Comercialízase enteiro ou en filetes. Para cociñalo xeralmente quítaselle a pel, xa que é moi vicosa. A súa carne é firme e de sabor suave, aínda que non tanto como a do seu próximo parente o mendo limón (Microstomus kitt), co que garda gran semellanza.[5]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads