Miofibroblasto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os miofibroblastos (MFB)[1] son un tipo de fibroblastos especializados. Son células que posúen características intermedias entre fibroblastos e células musculares lisas. Desempeñan un papel moi importante durante a inflamación, a reparación, a cicatrización e a rexeneración dos tecidos nos diferentes órganos.

A súa morfoloxía é similar á do fibroblasto e ademais posúen moléculas de actina e miosina nos seus citoplasmas, como o miocito. Teñen feixes de filamentos de actina e corpos densos semellantes aos das células do músculo liso. Difiren das células musculares lisas porque carecen de lámina externa.
Son abundantes en zonas de cicatrización e no ligamento periodontal.
Remove ads
Orixe embriolóxica
Todas as células contráctiles son de orixe mesodérmica incluíndo o miofibroblasto e a súa diferenciación débese principalmente a un proceso de alongamento gradual, con síntese simultánea de proteínas filamentosas con capacidade de contracción. A excepción son as células mioepiteliais que teñen orixe endodérmica.[2]
Caracterización fenotípica

Os miofibroblastos representan unha subpoboación de fibroblastos cun fenotipo similar ao das células do músculo liso, debido a que expresan α-actina de músculo liso no seu citoesqueleto, aínda que tamén as súas subpoboacións en diferentes órganos mostran diferenzas fenotípicas entre elas.
A súa fisioloxía é semellante nos diferentes tecidos e órganos nos que se encontran. Debido ao seu amplo espectro de síntese e secreción de moléculas, tales como citocinas, interleucinas, quimiocinas, factores de crecemento, lípidos, diversos mediadores fisiolóxicos, moléculas matriz extracelular, metaloproteinases da matriz (MMPs) e metaloproteases da matriz inhibidoras de tecidos (TIMPs), exercen un papel moi importante durante a embrioxénese, a organoxénese, a inflamación, a reparación e a cicatrización.
Os miofibroblastos son ademais, fundamentais nos diferentes procesos de rexeneración e reparación (fibrose) que ocorren nos distintos órganos. [3] Interveñen no sostén anatómico e funcional das glándulas exócrinas, os alvéolos pulmonares, as células mesanxiais, as criptas intestinais, os lobuliños hepáticos e os folículos ováricos de Graaf.
Remove ads
Miofibrobastos nos diferentes tecidos
Fígado
Os miofibroblastos hepáticos están integrados por varias poboacións celulares, cada unha destas localizada en lugares específicos do lobuliño hepático.
Estes miofibroblastos están implicados na fibrose, que é o proceso de reparación característico na cirrose.
Cada subpoboación de miofibroblastos hepáticos mostra unha morfoloxía e unha localización característica, o que se correlaciona coa localización das moléculas de coláxeno de Tipo I e III.
[4]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads