Monte Pedroso

monte en Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia

Monte Pedrosomap
Remove ads

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras.

Datos rápidos Tipo, Localización ...
Remove ads

Situación

Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes próximos como o de Fontecova.

Historia

Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio. Na zona consérvase unha ponte medieval.

Está protexido desde hai anos da construción para que ningún edificio poida competir nunca en altura nin en visibilidade coa catedral de Santiago.[1]

No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión.

Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006.

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads