Monte Roraima
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O monte Roraima é o punto máis alto da cadea montañosa de Pacaraima, en América do Sur.[1] Foi descrito por primeira vez por un europeo durante unha expedición en 1595 polo explorador inglés Walter Raleigh. En 1884, fíxose a primeira ascensión, liderada por Sir Everard im Thurn e acompañado por Harry Inniss Perkins e varios nativos güianeses.[2]A súa área de 31 km2[1] está rodeada por tódolos lados por cantís que acadan os 400 m de altitude. A montaña serve como trifinio de Venezuela, Güiana e o Brasil.[1] Raleigh soubo del polos pobos indíxenas que vivían na rexión antes da invasión europea do século XVI e XVII.
O monte Roraima atópase no escudo güianés, no recuncho sueste do Parque Nacional Canaima (30 000 km2), en Venezuela, formado o punto máis elevado das terras altas güianesas.
É o punto máis alto de Güiana e o punto máis alto do estado brasileiro de Roraima, mais Venezuela e o Brasil teñen montañas máis altas.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads