Moritz Wagner

baloncestista alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Moritz Wagner
Remove ads

Victor Moritz "Moe" Wagner, nado o 26 de abril de 1997 en Berlín, é un xogador profesional de baloncesto alemán que xoga para os Orlando Magic da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,11 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote. É o irmán do tamén xogador da NBA, Franz Wagner.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria profesional

O 21 de xuño de 2018, Wagner foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Los Angeles Lakers.[1] O 1 de xullo de 2018, asinou cos Lakers o seu contrato de rookie.[2] Debutou na NBA o 17 de novembro de 2018 contra os Orlando Magic.[3]

O 6 de xullo de 2019, Wagner foi traspasado xunto a Isaac Bonga, Jemerrio Jones e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Washington Wizards, nun traspaso entre tres equipos no que os Lakers obtiveron a Anthony Davis.[4] Na súa segunda tempada na liga, foi elixido para xogar no Rising Stars Challenge do All-Star Weekend da NBA de 2020.[5]

O 25 de marzo de 2021, Wagner foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Chicago Bulls.[6] O 16 de abril de 2021, foi cortado polos Celtics.[7]

O 27 de abril de 2021, Wagner asinou cos Orlando Magic para o resto da tempada 2020-21.[8] O 23 de agosto de 2021, Wagner asinou un novo contrato cos Magic.[9]

O 10 de setembro de 2023 gañou a final do Mundial de 2023 coa selección de Alemaña contra a selección de Serbia.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads