Mitílidos (orde)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos mitílidos (Mytilida) é unha orde de moluscos bivalvos da subclase dos pteriomorfios.[1] Comprende varias especies mariñas vulgarmente coñecidas como mexillóns.[2]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mitílidos (homónimos).
A orde está formada tan só por unha superfamilia hoxe existente, a dos mitiloideos (Mytiloidea), cunha soa familia con especies viventes, a dos mitílidos (Mytilidae).
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A orde foi descrita en 1822 polo naturalista francés André Étienne Justin Pascal Joseph François d'Audebert de Férussac.[1]
Sinónimo
Ademais de polo nome actualmente válido, a orde coñeceuse tamén, durante moitos anos, co sinónimo:[3]
- Mytiloida
Clasificación
Desde 2010, unha proposta dun novo sistema de clasificación dos bivalvos foi publicada por Bieler, Carter & Coan, incluíndo a orde Mytilida Férussac, 1822.[4] coa seguinte clasificación:
- Superfamilia †Modiolopsoidea
- Familia †Colpomyidae
- Familia †Modiolopsidae
- Familia †Saffordiidae
- Superfamilia Mytiloidea
- Familia †Mysideiellidae
- Familia Mytilidae
Remove ads
Características
Os mexillóns caracterízanse, como todos os lamelibranquios, por:
- Teren unha cuncha bivalva ( é dicir, constituída por dúas valvas) que permite a protección das partes brandas.
- O seu manto está moi desenvolvido (formado pola epiderme e a derme) e está constituído por dúas capas paleais que envolven todo o Corpo (anatomía)corpo.
- Unha cavidade paleal delimitada polo manto.
- Dous músculos adutores que permiten o peche das valvas (o músculo adutor posterior está máis desenvolvido que o músculo adutor anterior).
- Branquias que se bañan na cavidade paleal, en forma de láminas (de aí o nome de lamelibranquios).
- Un biso (paquete de filamentos de proteínas) para unírense ao substrato, producido por unha glándula bisoxénica situada baixo o pé.
- A regresión dos órganos sensoriais na rexión anterior, polo que non hai unha cabeza claramente diferenciada: os mexillóns son acéfalos.
Remove ads
Importacia económica

Tres especies de mexillóns explótanse comercialmente dada a súa importancia económica, xa que son unha importantísima fonte de proteínas para a alimentación humana, e moi apreciados gastronomicamente; por iso son recolectadas e, sobre todo, cultivadas en mitilicultura (en Galicia, unha potencia mundial, nas coñecidas bateas das rías).
Estas tres especies son:
- Mytilus galloprovincialis Lamarck, 1819, nas costas españolas (mediterráneas e atlánticas), e nas portuguesas.
- Mytilus edulis Linnaeus, 1758, nas costas atlánticas de Francia (especcialmente nas bretoas, en todo o norte de Europa, así como no Canadá.
- Mytilus platensis d'Orbigny, 1842, nas costas de Suramérica.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads