Mytilus platensis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Mytilus platensis
Remove ads

Mytilus platensis[1] é unha especie de molusco bivalvo mariño da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos, familia dos mitílidos e subfamilia dos mitilinos, unha das oito integradas no xénero Mytilus.[2]

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...

Na literatura científica tamén se coñece como Mytilus edulis do sur,[3] Mytilus edulis platensis,[4] ou Mytilus chilensis.[5]

É propia das costas de Chile, Arxentina, Uruguai, e das illas Malvinas e Kerguelen.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1842 polo naturalista e zoólogo francés, especializado en malacoloxía, Alcide d'Orbigny.[1]

Etimoloxía

Para a do xénero, véxase Mytilus.

O epíteto específico, platensis (en latín científico "do Plata") refírese ao mar del Plata, rexión onde foi encontrada a especie orixinariamente.

Sinónimos

Ademais de polo nome actalmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Choromytilus chilensis (Hupé, 1854)
  • Mytilus desolationis Lamy, 1936
  • Mytilus eduliformis d'Orbigny, 1842
  • Mytilus edulis desolationis Lamy, 1936
  • Mytilus edulis platensis d'Orbigny, 1842
  • Mytilus fischerianus Tapparone Canefri, 1874
  • Mytilus hupeanus Rochebrune & Mabille, 1889
  • Mytilus infumatus Rochebrune & Mabille, 1889
  • Mytilus kerguelensis E. A. Smith, 1885 sensu Fletcher, 1938
  • Mytilus obesus Reeve, 1858

Nota taxonómica: o complexo Mytilus edulis

Como é ben sabido (véxase Mytilus edulis e M. galloprovincialis) durante moitos anos considerouse a especie Mytilus galloprovincialis como conespecífica con Mytilus edulis.[6] Pero eealmente este problema afecta a un grupo de (polo menos) tres taxons de mexillóns estreitamente relacionados, coñecido como "o complexo Mytilus edulis". Colectivamente ocupan ambas as costas do Atlántico Norte (incluído o Mediterráneo) e do Pacífico Norte en augas desde temperadas a polares,[7] así como costas de natureza similar do hemisferio sur. A distribución dos taxons compoñentes foi modificada recentemente como resultado da actividade humana (especies invasoras). Estes taxons poden hibridarse entre si, se están presentes na mesma localidade.

O complexo constitúeno:

Remove ads

Características

É un mexillón que mide ao redor de 7 cm de longo e 3 cm de largo, e cuxas valvas distínguense por presentaren só estrías concéntricas de crecemento e estaren cubertas por un perióstraco de cor que vai da parda-amourada á violácea. O manto é de cor amarela alaranxada.[Cómpre referencia]

A súa distribución batimétrica vai desde o sector rochoso da zona intermareal até os 10 m de profundidade.[8][9]

Remove ads

Mitilicultura

Mytilus platensis é obxecto dunha importante industria intensiva de cultivo (mitilicultura) en Chile. Desde 2004 a 2008 a produción comercial anual aumentou desde as 80 000 até as 200 000 toneladas.[10] Tras unha diminución en 2009, a produción volveu a acadar un alto nivel en 2010.[11]

Máis de 45 000 toneladas de mexillóns foron exportados desde Chile en 2008, o 93 % deles conxelados. Ao redor do 74 % das exportacións foron á UE, principalmente a España e Francia, e o 15 % aos Estados Unidos.[10]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads