Número aleph

símbolo alef (U+2135) ou aleph, ‹ℵ›, para o primeiro cardinal transfinito (numerábel); secuencia ordenada de números transfinitos usados ​​para representar a cardinalidade de conxuntos numerábeis infinitos From Wikipedia, the free encyclopedia

Número aleph
Remove ads

En matemáticas, particularmente na teoría de conxuntos, os números aleph (ou alef) son unha secuencia de números que se usa para representar a cardinalidade (ou tamaño) de conxuntos infinitos.[a] Foron introducidos polo matemático Georg Cantor[1] e reciben o nome do símbolo que utilizaba para denotalos, a letra do hebreo aleph (ℵ).[2]

Thumb
Aleph-cero, alef-cero ou aleph-nulo, o número cardinal infinito máis pequeno

A cardinalidade máis pequena dun conxunto infinito é a dos números naturais, denotado por (léase alef-cero ou aleph-nulo); a seguinte cardinalidade maior dun conxunto ben ordenado é despois despois e así seguido. Continuando deste xeito, é posíbel definir un número cardinal infinito para cada número ordinal .

O concepto e a notación débense a Georg Cantor,[3] que definiu a noción de cardinalidade e deuse conta de que os conxuntos infinitos poden ter cardinalidades diferentes.

Os números aleph difiren do infinito () que adoita atoparse en álxebra e cálculo, xa que os alefs miden o tamaño dos conxuntos, mentres que o infinito defínese habitualmente como un límite extremo da recta numérica real (aplicado a unha función ou secuencia que "diverxe ata o infinito" ou "aumenta sen límite"), ou como un punto extremo da recta numérica real estendida.

Remove ads

Aleph-cero

(aleph-cero) é a cardinalidade do conxunto de todos os números naturais, e é un cardinal infinito. O conxunto de todos os ordinais finitos, chamado ou (onde é a letra grega minúscula omega), tamén ten cardinalidade . Un conxunto ten cardinalidade se e só se é numerabelmente infinito, é dicir, hai unha bixección (correspondencia un a un) entre el e os números naturais. Exemplos destes conxuntos son

Entre os conxuntos numerábeis infinitos atópanse certos ordinais infinitos,[b]incluíndo por exemplo , , , , ,

Por exemplo, a secuencia (con tipo de orde ) de todos os enteiros impares positivos seguidos de todos os enteiros pares positivos é unha ordenación (con cardinalidade ) do conxunto de enteiros positivos.

Remove ads

Aleph-un

é a cardinalidade do conxunto de todos os números ordinais numerábeis. Este conxunto é denotado como (ou ás veces Ω). O conxunto é en si un número ordinal maior que todos os numerábeis, polo que é un conxunto non numerábel. Polo tanto, é a cardinalidade máis pequena que é maior que a menor cardinalidade infinita.

A definición de implica (en ZF, teoría de conxuntos de Zermelo-Fraenkel sen o axioma de escolla) que ningún número cardinal está entre e Se se usa o axioma da escolla, pódese probar a maiores que a clase de números cardinais está totalmente ordenada e, polo tanto, é o segundo número cardinal infinito máis pequeno.

Pódese demostrar unha das propiedades máis útiles do conxunto : Calquera subconxunto numerábel de ten un límite superior dentro de (Isto dedúcese do feito de que a unión dun número numerábel de conxuntos numerábeis é en si mesmo numerábel). Este feito é análogo á situación en  : Todo conxunto finito de números naturais ten un máximo que tamén é un número natural, e as unións finitas de conxuntos finitos son finitas.

Un exemplo de aplicación do ordinal consiste en "pechar" en relación ás operacións numerábeis; por exemplo, tentando describir explicitamente a σ-álxebra xerada por unha colección arbitraria de subconxuntos (ver por exemplo a xerarquía de Borel).

Isto é máis difícil que a maioría das descricións explícitas de "xeración" en álxebra (espazos vectoriais, grupos, etc.) porque neses casos só temos que pechar en relación a operacións finitas, como sumas, produtos, etc.

O proceso implica definir, para cada ordinal numerábel, mediante indución transfinita, un conxunto considerando todas as unións posíbeis e os complementos e tomando de todas elas sobre todas as de

Remove ads

Hipótese do continuo

Artigo principal: Hipótese do continuo.

A cardinalidade do conxunto de números reais ( cardinalidade do continuo) é 2 . Non se pode determinar a partir de ZFC (Teoría de conxuntos de Zermelo-Fraenkel aumentada co axioma de escolla) onde este número encaixa exactamente na xerarquía de números aleph, mais de ZFC despréndese que a hipótese do continuo (CH) é equivalente á identidade

2 = .[4]

Aleph-omega

Aleph-omega é

onde o menor ordinal infinito denotase como . É dicir, o número cardinal é o límite superior mínimo de .

Notabelmente, é o primeiro número cardinal non numerábel que se pode demostrar dentro da teoría de conxuntos de Zermelo-Fraenkel que non é igual á cardinalidade do conxunto de todos os números reais : Para calquera número natural , podemos asumir coherentemente que , e a maiores é posíbel supor que é tan grande como calquera número cardinal que nos guste.

Remove ads

Aleph-α para un α en xeral

Para definir para un número ordinal arbitrario , debemos definir a operación cardinal sucesora, que asigna a calquera número cardinal o seguinte cardinal máis grande e ben ordenado (se se cumpre o axioma de escolla, este é o cardinal máis grande (único) seguinte).

Entón podemos definir os números aleph do seguinte xeito:

para un ordinal límite infinito.

O -ésimo ordinal inicial infinito escríbese . A súa cardinalidade escríbese .

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads