Nevio Scala

futbolista e adestrador italiano From Wikipedia, the free encyclopedia

Nevio Scala
Remove ads

Nevio Scala, nado en Lozzo Atestino, Padua, o 22 de novembro de 1947, é un exfutbolista e exadestrador italiano.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Xogaba como centrocampista e militou en varios clubs italianos, gañando varios títulos durante a súa etapa no Milan. Como adestrador, é principalmente lembrado polo seu labor á fronte do Parma durante a época dourada do club na década de 1990, na que, con Scala no banco, o equipo pasou da Serie B a gañar varios títulos nacionais e europeos.

Remove ads

Traxectoria

Como futbolista

Tivo unha destacada carreira como centrocampista en varios equipos italianos da Serie A (Roma, Milan, Vicenza e Inter de Milán) e, posteriormente, xogou tamén no Foggia, Monza e Adriese, de menor categoría. A súa época máis triunfante foi a que viviu vestindo a camiseta do Milan, co que gañou unha liga, unha Copa de Europa e unha Recopa de Europa.

Como adestrador

Comezou a súa carreira como adestrador no Reggina, ao que ascendeu dende a Serie C ata a Serie B. En 1989 colleu as rendas do Parma, na Serie B. Ocupou ese cargo durante seis anos, levando ao club emiliano ao seu primeiro ascenso á Serie A en 1990 e,[1] posteriormente, converteu o equipo nun dos principais clubs de Italia, grazas en boa parte ao apoio financeiro do presidente e fundador de Parmalat, Calisto Tanzi. Gañou a Copa de Italia en 1992, a Recopa de Europa e a Supercopa de Europa en 1993 e a Copa da UEFA en 1995, ademais de disputar varias finais máis. O seu mellor resultado na liga foi un terceiro posto na tempada 1994/95. Deixou o club en xuño de 1996.[2]

Durante a tempada 1996/97, aceptou a oferta de Luciano Gaucci para adestrar o Perugia, que estaba a pasar momentos difíciles, pero non logrou evitar o descenso á Serie B. Posteriormente adestrou varios equipos estranxeiros, sendo o primeiro deles o Borussia Dortmund alemán, co que gañou a Copa Intercontinental en 1997. No ano 2000 chegou ao Beşiktaş, converténdose no terceiro adestrador italiano en adestrar un equipo turco, despois de Giuseppe Meazza e Sandro Puppo. Máis tarde pasou polo Shakhtar Donetsk, co que gañou a liga ucraína e a Copa de Ucraína, e polo Spartak de Moscova.

Tras regresar ao seu Lozzo Atestino natal, presentouse á alcaldía e foi concelleiro dende 2007.[3] Ademais traballou como comentarista na Rai Radio 1.[4]

Presidencia do Parma

Thumb
Nevio Scala no 2002.

En xullo de 2015 accedeu á presidencia do novo Parma, refundado despois de que o club orixinal desaparecese por problemas económicos.[5] O exfutbolista Luigi Apolloni foi elixido como adestrador.[6] O Parma conseguiu regresar ao fútbol profesional italiano, subindo ata a Lega Pro,[7] pero Scala acabou dimitindo en novembro de 2016, por non estar de acordo coa decisión dos propietarios do club de despedir ao adestrador Apolloni e ao director técnico Lorenzo Minotti, ambos antigos xogadores seus durante os seus tempos como adestrador do Parma.[8]

Remove ads

Palmarés

Como futbolista

Milan

Como adestrador

Parma
Borussia Dortmund
Shakhtar Donetsk

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads