Océano (mitoloxía)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Océano (mitoloxía)
Remove ads

Na antigüidade clásica, Océano (en grego antigo Ώκεανός, Ōkeanós ou Ωγενος, Ōgenos, literalmente 'océano';[1] en latín Oceanus ou Ogenus) referíase ao Océano mundial, que os gregos e romanos pensaban que era un enorme río que circundaba o mundo. Falando con propiedade, era a corrente de auga mariña do ecuador na que flotaba o ecúmene (οἰκουμένη, ekuméne).[2][3]

Datos rápidos Tipo, Venerado por ...
Remove ads

Na mitoloxía

Thumb
Océano, á dereita, coa cola escamuda, na Xigantomaquia do Altar de Pérgamo.

Na mitoloxía grega este océano mundial era personificado como un Titán, fillo de Urano e Xea. Nos mosaicos helenísticos e romanos (por exemplo en Océano e Tetis, de Zeugma, século III)[4] represéntase con frecuencia a este Titán co torso e os brazos dun home musculoso con barba longa e cornos (moitas veces con pinzas de cangrexo), e coa parte inferior do corpo dunha serpente (compárese con Tifón). En fragmentos dunha vasilla arcaica datada sobre 580 a.C.,[5] entre os deuses que acoden á voda de Peleu e a ninfa mariña (nereida) Tetis aparece un Océano con cola de peixe, levando un peixe nunha man e unha serpente na outra, dons de recompensa e profecía. Nos mosaicos romanos, como o de Bardo, pode aparecer levando un temón e cun barco no colo.

Algúns estudosos cren que orixinalmente Océano representaba a todos os corpos de auga salgada, incluíndo o mar Mediterráneo e o océano Atlántico, as dúas maiores masas acuáticas coñecidas polos antigos gregos. Porén, a medida que a xeografía se fixo máis precisa, Océano pasou a representar as augas máis descoñecidas e estrañas do Atlántico (tamén chamado "Mar Océano"), mentres un recentemente chegado dunha nova xeración, Poseidón, gobernaba o Mediterráneo.

A esposa de Océano era a súa irmá, a titánide Tetis, e da súa unión naceron as tres mil Oceánides (ou ninfas do mar) e todos os Oceánidas, os ríos do mundo, así como as fontes e os lagos.[6] De Cronos, da raza dos Titáns, naceron os doce olímpicos, e Hera menciona dúas veces na Ilíada a súa pretendida viaxe "aos confíns da fértil terra para ver a Océano, pai dos deuses, e á nai Tetis, os cales me recibiron de mans de Rea e me criaron e educaron no seu palacio".[7]

Thumb
Mosaico do deus Océano (fragmento) (Museo Provincial de Lugo)

Na maioría das versións da Titanomaquia ou guerra entre os Titáns e os Olímpicos, Océano, xunto con Prometeo e Temis non se uniu ao bando dos seus irmáns Titáns contra os Olímpicos, senón que se mantivo alleo ao conflito. Na maioría das versións deste mito, Océano tamén refusou unirse a Cronos na rebelión deste contra o seu pai Urano. Na Ilíada, a rica iconografía do escudo de Aquiles que creara Hefesto quedaba pechada, como se cría que o estaba o propio mundo, por Océano:

Entón, correndo ao redor do bordo do escudo, tres veces,
debuxou toda a forza da corrente do Océano
.

Cando Odiseo e Néstor camiñaban xuntos pola "beira do estrondoso mar, dirixían moitos rogos ao deus que abraza a terra e a abanea" era a Océano, e non a Poseidón, a quen destinaban os seus pensamentos.

Invocado de pasada polos poetas e concibido como o pai dos ríos e regatos e, por tanto, proxenitor das deidades asociadas, Océano aparece unha soa vez nos mitos, como un representante do mundo arcaico que Heracles constantemente ameazaba e superaba.[8] Heracles obrigou a Helios a que lle emprestara a súa copa dourada para cruzar a grande extensión do Océano na súa viaxe ás Hespérides. Cando Océano sacudiu a copa, Heracles ameazouno e tranquilizou as ondas.[9]

Consortes e descendencia

Remove ads

Na cosmografía

Thumb
Deus Océano, mosaico atopado no xacemento de La Milla del Río (León), do século IV e exposto no Museo Arqueolóxico de León

Océano aparece tanto na cosmografía helénica como na mitoloxía. Os cartógrafos seguiron representando a corrente ecuatorial circundante de forma similar a como aparecera no escudo de Aquiles.

Aínda que Heródoto era escéptico sobre a existencia física de Océano, rexeitaba que o desxeo fora a causa do desbordamento anual do río Nilo. Segundo o seu tradutor e intérprete Livio Stecchini, Heródoto deixou sen resolver a cuestión dun Nilo ecuatorial, xa que descoñecía a xeografía da África subsahariana.

Apolonio de Rodas chámalle ao baixo Danubio o Keras Okeanoio ('Golfo' ou 'Corno de Océano’) na súas Argonáuticas.[10]

Na Ora maritima de Avieno (século IV) aplícase Accion ('Océano') aos grandes lagos.[11]

Tanto Homero [12] como Hesíodo [13] aluden ao Okeanos Potamos, o 'río océano'.

Hecateo de Abdera escribe que o Océano dos hiperbóreos non é o ártico nin o occidental, senón o mar situado ao norte do antigo mundo grego, chamado "o máis admirábel de todos os mares" por Heródoto,[14] o "inmenso mar" por Pomponio Mela[15] e por Dionisio Periegeta,[16] e cuxo nome é Mare majus nos mapas medievais.

Ao final do Okeanos Potamos estaba a illa sagrada de Alba (Leuke, Pytho Nisi ou Illa das Serpentes), consagrada ao pelasgo (e logo tamén grego) Apolo, que saúda ao Sol nacente do leste. Hecateo de Abdera alude á illa de Apolo desde a rexión dos hiperbóreos, no Océano. Foi en Leuke, nunha versión da súa lenda, onde o heroe Aquiles foi enterrado nun túmulo (até a actualidade, unha das desembocaduras do Danubio chámase Quilia).

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads