Octopina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Octopina
Remove ads

A octopina é un derivado dos aminoácidos arxinina e alanina. Foi o primeiro composto que se descubriu da clase de compostos químicos aos que se chamou opinas. A octopina recibe o seu nome do polbo Octopus octopodia, xa que se extraeu por primeira vez do músculo dese animal, en 1927.[1]

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...

A octopina foi illada do tecido muscular de invertebrados como o polbo, a vieira Pecten maximus e Sipunculus nudus, onde funciona como un análogo do ácido láctico.[2] Tamén a produce a bacteria Agrobacterium, e promove a formación de tumores nas plantas.[3]

A octopina fórmase por condensación redutiva do ácido pirúvico e a arxinina por acción do encima dependente do NADH octopina deshidroxenase (ODH).[4] A reacción é reversible, polo que se poden rexenerar a arxinina e o piruvato.

Thumb
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads