Oleiros, Silleda
parroquia civil do concello de Silleda From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Miguel de Oleiros é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2010 tiña 113 habitantes (57 homes e 56 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 144 habitantes. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 86 habitantes (44 homes e 42 mulleres).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Oleiros.
Remove ads
Historia e patrimonio
Nesta parroquia atópase a coñecida como Área arqueolóxica de Oleiros composta por 10 petróglifos, 3 mámoas e 3 castros, sendo unha das áreas de Galicia con meirande concentración de elementos de patrimonio arqueolóxico.
A igrexa de San Miguel conserva sobre a súa porta un tímpano cunha representación da loita de Sansón e o león. No adro da mesma, atópase un sepulcro da Idade Media. Destaca tamén o Pazo de Marzá ou Casa do Fidalgo.
Nesta parroquia naceu o catedrático de ciencias Francisco Javier Sánchez Cervela, pai do historiador Francisco Javier Sánchez Cantón, impulsor do Museo de Pontevedra e director do Museo do Prado.
Remove ads
Galería de imaxes
- Igrexa de San Miguel de Oleiros.
- Fachada da igrexa de Oleiros.
Lugares e parroquias
Lugares de Oleiros
Lugares da parroquia de Oleiros no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
O Carballo | Fornería | Laxe | A Malata | Marza | Oleiros | Pazos | Pena do Camiño | Vilanova |
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads