Cira, Silleda
parroquia civil do concello de Silleda From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa Baia de Cira é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 241 habitantes (113 mulleres e 128 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 312 habitantes. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 207 habitantes (103 homes e 104 mulleres).
Remove ads
Historia e patrimonio
Constituíu unha xurisdición na que se atopaban, ademais dela, as parroquias de Dornelas e Lamela, en Silleda, e as de Añobre, Bascuas e Gres en Vila de Cruces.
A veciña parroquia de Sucira (concello de Boqueixón) leva ese nome en relación a estoutra.
A Torre de Cira, restos do antigo castelo medieval fundado por Bernardo Suárez Deza no ano 1115, pasou a poder da raíña Dona Urraca e alí mantivo preso durante varios días ao arcebispo Diego Xelmírez no ano 1121. Destruído polos Irmandiños, reconstruíuno o conde de Altamira. Tan só queda en pé a torre da homenaxe datada no século XV. Tamén destaca o Pazo de Paizás e a igrexa parroquial.
Nesta parroquia formouse a Banda de música de Cira, en activo entre 1850 e 1971.
Remove ads
Galería de imaxes
- Pazo de Paizás
- Igrexa de Cira
Lugares e parroquias
Lugares de Cira
Lugares da parroquia de Cira no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Altamira | A Braña | O Candao | A Carballeira | A Cruz | Os Currás | O Curro | Fucarelos | A Lameira | Rendo | Santa Baia | Sobrado | Vilacalva | Vilar |
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads