Cortegada, Silleda
parroquia civil do concello de Silleda From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa María de Cortegada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE de 2011 tiña 273 habitantes (143 mulleres e 130 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 375 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cortegada.
Remove ads
Historia e patrimonio
Destacan os gravados rupestres de Pena Longa e do Castro do Cura no lugar de Cardigonde. No lugar de Camporrapado tivo lugar unha feira o día 24 de cada mes.
En canto á arquitectura, destacan a igrexa de Santa María, do século XVI; e as capelas de Santa Lucía en Framiñan, dos Aflixidos en Camporrapado, de 1812; e de San Brais, na Casa dos Chaos, no lugar do mesmo nome.
Nesta parroquia naceron o político Antón Alonso Ríos e o médico Alfredo Ramos López, ambos no lugar de Camporrapado. Ademais, ten lugar a Festa da Paella, iniciando as festas parroquiais.
Remove ads
Galería de imaxes
- Fachada da igrexa de Cortegada.
- Reloxo de sol da igrexa de Cortegada.
- Peto de ánimas de Cortegada.
- Casa grande de Fontemaior, no lugar de Covas.
Lugares e parroquias
Lugares de Cortegada
Lugares da parroquia de Cortegada no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
O Barral | A Brea | O Burgo | Camporrapado | Cardigonde | Os Chaos | Cortegadela | Covas | Fondevila | Framiñán | A Pena | Regalade | A Revolta | Segade | Xubín |
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads