Olympique de Marseille

From Wikipedia, the free encyclopedia

Olympique de Marseille
Remove ads

O Olympique de Marseille é un club de fútbol francés, da cidade de Marsella. Foi fundado en 1899 e xoga na Ligue 1 francesa.

Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...

O club xoga os seus partidos de local no Stade Vélodrome desde 1938 e dentro do seu palmarés conta con 9 títulos da Ligue 1, 10 Copas de Francia, 3 Copas da Liga, 2 Supercopas de Francia e unha Liga de Campións da UEFA obtida en 1993.

Remove ads

Historia

O Olympique de Marseille foi fundado en 1899 como club oficial e en 1902 como equipo de baloncesto e balonmán.

En 1924 o equipo consegue o seu primeiro título, a Copa de Francia, e en 1937 gaña a súa primeira Liga.

Na tempada 1992-93 o equipo consegue a Liga de Campións, ante o AC Milan italiano, converténdose no único equipo de Francia en conseguir devandito título.

Os seus títulos máis recentes son a Ligue 1 e unha Copa da Liga, ambas conseguidas en 2010.

Remove ads

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta branca con vivos celestes, mangas brancas con bandas celestes, pantalón branco con bandas celestes, medias brancas cunha raia celeste e unha raia azul mariño.
  • Uniforme alternativo: Camiseta celeste, pantalón celeste con bandas azul mariño nos laterais, medias azuis cunha raia azul mariño.
  • Terceiro uniforme: Camiseta negra con bandas amarela nas mangas, pantalón negro con bandas amarela nos laterais, medias negras con raias amarela.
Remove ads

Estadio

Thumb
Stade Vélodrome.

O Olympique de Marseille xoga de local no Stade Vélodrome desde 1938, cando abandona o antigo Stade de l'Huveaune que pertencía ao equipo.

Artigo principal: Stade Vélodrome.

O Vélodrome foi construído en 1937, ampliado en 1984 e 1998, na actualidade conta cunha capacidade de 60.031 espectadores. Albergou 2 partidos do Mundial 1938, 7 partidos do Mundial 1998, 2 partidos da Eurocopa 1960 e 2 partidos da Eurocopa 1984.

Datos do club

  • Tempadas en : 59
  • Tempadas en : 12
  • Mellor posto na Ligue 1: 1º (1929, 1937, 1948, 1971, 1972, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993 e 2010)
  • Peor posto na Ligue 1: Último (1959 e 1963)
  • Maior goleada conseguida:
    • En campionatos nacionais: Marsella 10-2 Roubaix (1948, liga), Marsella 8-0 Alès (1948, liga) e Marsella 19-0 Saint-Raphaël (1933, Copa)
    • En torneos internacionais:: Marsella 7-1 Luxemburgo (03-10-1973) (Copa da UEFA) e Marsella 6-0 CSKA Moscova (17-03-1993) (Liga de Campións)
  • Maior goleada encaixada:
  • Maior racha sen perder: 23 partidos (Xornada 15ª 83/84 (D2) a 1ª 84/85 (D1))
  • Máximo de partidos gañados nunha tempada de liga: 24 (1970-71)
  • Máximo de partidos gañados consecutivamente nunha tempada de Ligue 1: 8 (Tempadas 1936/37 e 1998/99)
  • Maior número de partidos consecutivos sen perder en casa: 38
  • Marca de imbatibilidade en casa: 2940 días (2 anos e 23 días)
  • Maior número de goles marcados nunha tempada: 95 (1948-49)
  • Máximo goleador: Gunnar Andersson con 187 goles
  • Máis partidos disputados: Roger Scotti con 453 partidos
Remove ads

Xogadores

Cadro actual

Máis información Nº, Posto ...
Remove ads

Palmarés

Torneos nacionais

  1. O Olympique de Marseille, campión naquela tempada, foi desposuído do título e descualificado da competición por un asunto de corrupción, e iso antes de que a xustiza chegue a un veredicto. O Paris Saint-Germain rexeito o título para non ser participe da polémica.

Torneos internacionais

Torneos amigables

Remove ads

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads