Om

son sagrado e símbolo espiritual nas relixións da India From Wikipedia, the free encyclopedia

Om
Remove ads

Om ou Aum (Om pro.ogg listen , IAST: Oṃ, en devanágari ॐ) é un son sagrado e símbolo espiritual nas relixións da India. Significa a esencia da realidade última, a conciencia ou o Atman.[1][2][3] Máis amplamente, é unha sílaba que se canta independentemente ou antes dunha recitación espiritual no hinduísmo, o budismo e o xainismo.[4][5] O significado e as connotacións de Om varían entre as diversas escolas de diferentes tradicións. Fai parte da iconografía que se atopou en manuscritos, templos, mosteiros e retiros espirituais hinduístas, budistas e xainistas das idades antiga e media.[6][7]

Thumb
Símbolo Om no alfabeto devanágari

No hinduísmo, Om é un dos máis importantes símbolos espirituais.[8][9] Refírese ao Atman (alma) e ao Brahman (realidade última, completitude do universo, verdade, divindade, espírito supremo, principios cósmicos, coñecemento).[10][11][12] A sílaba adoita atoparse no principio e no final dos cápitulos dos Vedas, os Upanishads e outros textos hindús.[12] É un canto sagrado espiritual feito antes e durante a recitación de textos espirituais, durante o puja e rezos privados, en cerimonias de ritos de paso (sanskara) como nas vodas, e ás veces durante actividades espirituais e de meditación como o ioga.[13][14]

A sílaba Om tamén é referida como onkara (ओङ्कार, oṅkāra), omkara (ओंकार, oṃkāra) e pranava (प्रणव, praṇava).[15][16]

Remove ads

Om en varias linguas

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads