Omeprazole
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O omeprazole ou omeprazol [1][2] é un inhibidor da bomba de protóns (IPP)[3] usado para tratar a dispepsia,[4] a úlcera péptica, a enfermidade de refluxo gastroesofáxico (ERGE) en adultos e nenos,[5] síntomas do esófago de Barrett,[6] infección por Helicobacter pylori,[7] refluxo laringofarínxeo,[8] síndrome de Zollinger-Ellison[9] ou esofaxite erosiva.[10]
Remove ads
Efectos secundarios
O consumo prolongado e continuado de omeprazol ou pantoprazol pode diminuír a absorción da vitamina B12 e provocar problemas de saúde.[11] Ademais, tomar omeprazol ou outros IBP xunto con antiinflamatorios non-esteroides durante moito tempo altera a microbiota intestinal e favorece a aparición de lesións na mucosa do intestino delgado.[12] Experimentos con ratos mostran que o seu uso frecuente e en altas doses diminúe a densidade mineral ósea.[13] Describíronse algúns casos raros de alucinacións visuais en anciáns secundarias ao tratamento con omeprazol.[14] Hai que ter coidado ao axustar a dose en pacientes que reciben clopidogrel, xa que a actividade deste axente antiagregante plaquetario diminúe.[15] Raramente, a administración intravenosa de omeprazol é a fonte de rabdomiólise grave.[16]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads